InicioPOLÍTICAO PP de Santiago proporá retirar todos os radares de Conxo no...

O PP de Santiago proporá retirar todos os radares de Conxo no Pleno municipal

Borja Verea asegura que a instalación de novos dispositivos responde a un obxectivo recadatorio e pide reducir multas e impostos

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, levará ao Pleno municipal deste xoves unha proposta para retirar todos os radares situados no barrio de Conxo. Segundo explicou o portavoz popular, a súa formación aposta por eliminar estes dispositivos fronte á intención do goberno local de incrementar a súa presenza nas vías de acceso á cidade.

Verea asegurou que o executivo municipal, integrado por BNG e Compostela Aberta, pretende aumentar a recadación a través das multas de tráfico até duplicar os ingresos actuais, situándoos arredor dos cinco millóns de euros. Fronte a este escenario, o PP defende, segundo indicou, unha redución da presión fiscal e da recadación por sancións. “Nós queremos reducir impostos e recadación por multas”, afirmou.

O portavoz popular considerou que a compra e instalación de novos radares e vehículos móbiles de control de velocidade “responde a un afán recadatorio”, ao entender que non se acompañan previamente de medidas destinadas a moderar a velocidade nas vías afectadas. Neste sentido, lembrou que o propio goberno municipal fixera público recentemente que Santiago atravesa un dos mellores anos en materia de seguridade viaria, con menos accidentes e atropelos e sen puntos negros identificados.

Segundo expuxo Verea, existe unha contradición entre ese balance positivo e o anuncio posterior da colocación de máis radares. O líder do PP tamén recordou que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, manifestara nas primeiras semanas do mandato a posibilidade de retirar o radar de Conxo, polo que reclamou explicacións sobre o cambio de criterio.

Na súa intervención, Verea insistiu en que, de non existir un obxectivo recadatorio, a alternativa sería reducir impostos como o IBI nunha contía equivalente ao incremento previsto das multas. Así mesmo, vinculou o aumento da recadación por sancións coa estrutura de persoal directivo e de asesoramento do goberno local, ao que acusou de incrementar estes postos ao inicio do mandato.

O portavoz popular sostivo que, se o goberno municipal quixese evitar unha maior carga económica sobre a cidadanía, debería buscar recursos noutras partidas orzamentarias. Pola contra, segundo afirmou, opta por incrementar as multas, instalar máis radares e elevar impostos, malia os datos positivos ofrecidos en materia de seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Rafael Louzán e Luís de la Fuente ofrecerán a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago este xoves

Compostela acollerá mañá xoves unha serie de actos arredor da Copa do Mundo de...

Unha vaga de falsas ameazas de bomba obriga a desaloxar tres institutos de Santiago e centros da comarca

Tres institutos de Santiago de Compostela tiveron que activar este mércores os seus protocolos...

Santiago acenderá o Nadal o 1 de decembro cunha festa participativa no Obradoiro e máis dun mes de actividades

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores un avance da programación de...

O Concello cifra en 3,2 millóns o custo das conexións de autobús con Teo

O Concello de Santiago de Compostela está a analizar as condicións económicas para manter...

Borja Verea propón reforzar a colaboración entre o Concello de Santiago e as entidades de saúde mental

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, defendeu unha maior implicación do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here