InicioECONOMÍAMonbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano...

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

A UTE formada por Alcalabus, Castromil e Autobuses Urbanos de Lugo obtivo a mellor puntuación no concurso aberto en decembro de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño, un novo paso no seu proceso de adxudicación. A mesa de contratación propuxo como adxudicataria á unión temporal de empresas integrada por Alcalabus, Castromil e Autobuses Urbanos de Lugo, compañías pertencentes ao grupo Monbus, ao ser a oferta mellor valorada no procedemento aberto polo Concello en decembro de 2025.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, valorou este martes os avances producidos no expediente e sinalou que o procedemento continúa segundo o previsto. En rolda de prensa, a rexedora indicou que os autobuses “veñen por bo camiño” e afirmou que “todo Compostela está de parabén” tras a proposta formulada pola mesa de contratación.

Segundo consta na acta da mesa, a UTE vinculada a Monbus acadou unha puntuación total de 89,15 puntos, o que a situou por diante do resto de empresas participantes no concurso. En segundo lugar quedou a UTE Stellae Urbano Santiago, con 82,84 puntos; seguida da Empresa Martín SA, con 60,50 puntos; Viguesa de Transportes SL, con 41,36 puntos; e Transportes Rober SAU, con 38,88 puntos.

A proposta non supón aínda a adxudicación definitiva do servizo, xa que a empresa mellor valorada deberá cumprir agora cos trámites administrativos pendentes. A partir deste momento, a UTE dispón dun prazo de 10 días hábiles para entregar a documentación requirida e facer efectivo o pagamento da fianza, así como das taxas e dos timbres municipais correspondentes.

Unha vez completado este trámite, unha nova mesa de contratación revisará a documentación presentada pola empresa proposta como adxudicataria. Se o procedemento continúa sen incidencias, o Goberno local prevé levar a proposta á Xunta de Goberno durante o mes de xullo, segundo avanzou Sanmartín.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

Crujeiras aposta por unha alianza estratéxica co empresariado para o impulso de Galicia

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, fixo un chamamento...