InicioPOLÍTICAO goberno de Santiago tallante: "Hai zonas verdes para facer pícnics e...

O goberno de Santiago tallante: “Hai zonas verdes para facer pícnics e zonas que non son verdes que non son para facer pícnics”

Anuncia a elaboración dunha nova ordenanza de convivencia encamiñada a atallar determinados comportamentos incívicos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno local de Santiago, que dirixe a nacionalista Goretti Sanmartín, traballa co obxectivo de elaborar unha nova ordenanza de convivencia encamiñada a atallar determinados comportamentos incívicos –como os pícnics fóra de zonas verdes e en espazos como a Praza do Obradoiro– e outras accións que poden atentar contra o patrimonio da capital galega.

Na rolda de prensa na que explicou as decisións da xunta de goberno local, a portavoz do mesmo, Míriam Louzao, explicou que no marco da mesma deuse conta da contratación dun servizo de consultoría coa Cátedra de Dereito Local para elaborar a proposta de texto da nova ordenanza de convivencia.

“Estamos convencidas de que a mellor fórmula para garantir o respecto polo espazo público e a preservación da convivencia entre todos os intereses que nel conflúen é a educación“, reflexionou, antes de aludir que, nesta liña van campañas promovidas polo goberno local como ‘Fala baixiño’ ou ‘Fráxil’, así como moitas actuacións da Policía Local, mesmo en centros educativos.

No entanto, esgrimiu que tamén resulta “patente” a necesidade de contar cunha norma clara e máis detallada que funcione como código de conduta e que failice o labor policial alí onde sexa necesario. Neste sentido, nas próximas semanas abrirase unha consulta pública respecto diso, como trámite previo necesario para a aprobación de novas ordenanzas.

ASPECTOS NON RECOLLIDOS ATA AGORA

A preguntas dos xornalistas, Louzao incidiu en que o obxectivo é regular cuestións que non están recollidas nas ordenanzas actuais, que datan de anos atrás cando agora hai novas problemáticas. De feito, apuntou que “a única” cuestión que altera a convivencia e si que está contemplada é a relativa ao ruído e uso dos altofalantes.

Así, remarcou que o goberno quere dotar dunha normativa que facilite tamén a actuación e o “control” por parte da Policía Local e puxo exemplos. “Hai zonas verdes para facer pícnics e zonas que non son verdes que non son para facer pícnics“, subliñou, antes de aludir aos danos ao patrimonio, que tamén se producen ás veces de forma involuntaria.

“Cando te apoias nas columnas da Praza do Obradoiro, estou segura de que ninguén pensa que está a facer un dano, pero cando se fai continuamente provócase”, agregou. Noutra orde de asuntos, Louzao tamén foi preguntada polos datos de licitación e as críticas do PP por mor dun informe da Federación Galega de Construción. Respecto diso, argumentou que “non todos os anos se licitan todas as obras” na mesma época, a principio ou a final de ano, e remarcou que a foto fixa cambiará “absolutamente” nos próximos meses porque se van a licitar “obras bastante relevantes”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...