InicioOPINIÓNVivir nas parroquias de Santiago: da utopía á realidade

OPINIÓN

Vivir nas parroquias de Santiago: da utopía á realidade

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Os discursos baleiros ecoan no Pazo de Raxoi. As palabras bonitas saíndo da boca da alcaldesa. Progresismo, avances, rural, coidados, responsabilidade. Porén, a pedra da sala impide que todas esas fermosas declaracións de intencións se materialicen na cidade que nos acolle. A pedra e a falta de xestión municipal, a incapacidade de tomar decisións e a exigua minoría de goberno de quen pretende, con 8 concelleiros, xestionar a capital do país.

Hai uns días, unha veciña da Peregrina consultábame os motivos que levaban a que, en pleno século XXI e en Santiago de Compostela, a súa parroquia careza dun servizo de autobús do Concello digno. Horas en branco sen unha soa frecuencia. A liña P7 (Rúa da Senra-Peregrina/Grixoa/Pardaces) non é unha solución para as persoas que traballan, para quen necesita desprazarse pola cidade nun lapso de tempo decente. A isto súmanse os problemas no servizo de taxis, as prohibicións ou restricións a respecto dos coches… Medidas, todas elas, feitas por quen vive no centro sen pensar nas parroquias, por quen ten as facilidades económicas e de localización das que carecen unha parte importante da poboación.

“Cómpre poñer o rural a producir”, din os fillos burgueses da capital, cabezas de lista nacidos coas comodidas da urbe ou renegados das súas aldeas. O cosmopaletismo feito carne. Mentres, o rural morre. Aquela xeración que marchou para estudar, en busca dun futuro mellor, e que non pode traballar desde a aldea materna. Mais tamén as persoas que se queren instalar nunha parroquia de Santiago e que carecen dun autobús municipal, que non teñen os apoios necesarios, que, actualmente, só coñecen as palabras ocas de Goretti Sanmartín, mais non as solucións reais para unha parroquia como a Peregrina que xa ten a súa Sagrada Familia particular, unha obra da Deputación cuxo ritmo de traballo resultou un auténtico insulto para a veciñanza. Mais tamén os desbroces, a colaboración co colectivo veciñal que enriquece a actividade cultural da parroquia –cousa que non fai o Concello– e outras moitas cuestións das que carece unha Peregrina que mira como o discurso dun Santiago integrador do BNG é só de cara ás cámaras.

É imprescindible comezar por cambios que, desde unha óptica municipal, son claramente realizables. Por exemplo, que nunha futura licitación do servizo de transporte urbano se dote, de verdade, as parroquias duns autobuses dignos –que non ardan, con frecuencias…–, tal e como leva reivindicando o Partido Popular de Borja Verea con el e Adrián Villa á cabeza desde o pasado mandato. Ir á Peregrina non pode ser un suplicio, unha misión imposible digna de Tom Cruise. Os seus veciños meréceno. Non só polos seus impostos, senón porque son tan compostelanos, como o máis picheleiro do desgoberno de Sanmartín.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Da outredade á comunidade universitaria

O legado feminista, de máis de tres séculos de historia, nutre o noso pensamento...

Un Sentir Común

A Universidade de Santiago de Compostela leva 531 anos sendo unha das institucións máis...

Toponimia cool

Orixinariamente o termo avenida facía referencia ao camiño que entraba nunha cidade e que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here