InicioOPINIÓNUn Sentir Común

OPINIÓN

Un Sentir Común

Publicado o

Por Maite Flores
Maite Flores
Maite Flores
Catedrática de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela dende 2023. Especialista en óptica e materiais avanzados, coordina a instalación singular L2A2 de láseres ultraintensos e conta con máis de 140 publicacións científicas, tres patentes e unha empresa tecnolóxica cofundada.

A Universidade de Santiago de Compostela leva 531 anos sendo unha das institucións máis determinantes no desenvolvemento intelectual, social e económico de Galicia. De feito, non é só un espazo académico de formación e investigación, senón tamén unha institución que modela cidades, crea oportunidades e proxecta o país cara ao mundo. Nin en Santiago nin en Lugo a USC é só un elemento máis da paisaxe urbana; é unha parte esencial da identidade de cada cidade e da súa capacidade de mirar ao futuro.

Por iso, estas eleccións á Reitoría non son un simple proceso interno. O que está en xogo é o modelo de universidade que queremos construír para as vindeiras décadas e, en boa medida, o papel que debe desempeñar no progreso do conxunto de Galicia.

A miña visión é clara: a USC debe ser unha universidade ambiciosa, na investigación, na docencia e tamén na súa relación coa sociedade.

Nun contexto global marcado pola revolución tecnolóxica, a intelixencia artificial e transformacións económicas e sociais cada vez máis rápidas, a universidade non pode limitarse a observar os cambios, senón que ten que lideralos. Iso significa apostar pola dixitalización, por atraer e reter talento investigador, por reforzar a internacionalización e por adaptar o mapa de titulacións ás necesidades do futuro.

Pero unha universidade excelente non se constrúe con grandes ideas. Constrúese tamén co compromiso e co traballodiario das persoas que a fan posible: o profesorado, o persoal investigador, o persoal de xestión, administración e servizos e, por suposto, o estudantado. Garantir condicións laborais dignas, estabilidade e oportunidades de desenvolvemento profesional é unha condición indispensable para fortalecer a institución.

Esta campaña electoral tamén puxo de manifesto algo que non debería formar parte da vida universitaria: a circulación de rumores, bulos e campañas de desinformación que pouco teñenque ver cun debate académico serio. A universidade debería ser precisamente o espazo no que se defenda con máis firmeza o pensamento crítico, o respecto e a confrontación honesta de ideas.

Por iso sigo convencida de que o camiño correcto é o da transparencia, o debate aberto e a explicación clara dos proxectos e das propostas. A comunidade universitaria merece coñecer que modelo de universidade defende cada candidatura edecidir con liberdade.

Esta campaña demostrou algo positivo: existe un grande interese polo futuro da USC, o que demostra que segue a serunha institución viva, capaz de mobilizar ilusión e compromiso.

Agora toca decidir que dirección queremos tomar. Eu defendo unha USC máis ambiciosa, máis internacionalizada, máis conectada co seu tempo e coa súa contorna. Unha universidade que non se conforme con manter o prestixio do pasado, senón que traballe cada día para conquistar o futuro.

Porque unha institución con 531 anos de historia non pode permitirse ter un proxecto rutinario. A Universidade de Santiago ten que seguir sendo un motor de coñecemento, de progreso e de oportunidades para toda a sociedade. E ese é, precisamente, o compromiso que asumimos con toda a comunidade universitaria.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here