InicioOPINIÓNDas festas de Conxo, dun despropósito municipal e dun goberno do último...

OPINIÓN

Das festas de Conxo, dun despropósito municipal e dun goberno do último momento

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Hai unhas semanas escribín unhas liñas neste mesmo xornal sobre as festas parroquiais e sobre a importancia de que conten cunha colaboración real por parte do goberno municipal, neste caso o bipartito de Sanmartín. Hanme permitir que copie un pequeno fragmento desa tribuna, co obxectivo de explicar aínda mellor as problemáticas que BNG e CA acaban de xerar en Conxo: “Non é de recibo que as persoas das Comisións de Festas, que gastan horas de traballo desinteresadamente, necesiten un “máster” para poder facer os trámites, polo que é preciso desburocratizar e, especialmente, conseguir un maior apoio do Concello”.

A realidade, en ocasións, é moito máis fría e dura do que se pensa e, na fin de semana pasada, mentres as persoas da Comisión de Festas de Conxo debían estar gozando do resultado do traballo feito e observando como os seus veciños —e en xeral toda a cidade— nos divertiamos alí, Xan Duro e Pilar Lueiro botaron a perder parte da festa. É irónico, non si? Mentres o problema podía ser a chuvia, o xerro de auga fría veu por parte do desgoberno nacionalista.

Así, despois de que a Comisión presentase a documentación ante o Concello con antelación suficiente, incluso contratando un avogado para xestionar os permisos —cousa lóxica, porque poderían tolear—, o equipo municipal non trasladou ningunha resposta, chegando ao propio venres sen ter unha confirmación oficial, só comunicacións verbais de Duro e Lueiro conforme non habería problemas. Porén, nese mediodía —no día das festas— apareceu a Policía Local —dependente do Concello— co obxectivo de expulsar da zona aos vendedores ambulantes, pois supostamente debían presentar un papel a maiores. Como calquera persoa pode comprender, o lóxico e o razoable —polo tanto, non o ían facer— é que se comunique a documentación que se debe presentar cun tempo lóxico, non o propio día da festa, pois é inviable conseguir as cousas sen marxe de tempo. O colmo veu porque, despois da intervención policial, os concelleiros que aseguraban que estaba todo ben desapareceron e deixaron de contestar as chamadas da Comisión.

Como é evidente, estes comportamentos dun goberno municipal non son de recibo cara a ningún cidadán. Moito menos cara a todas esas persoas que sacrifican horas, que se esforzan por dotar os barrios de contido e que manteñen vivas as nosas tradicións –non hai máis que pensar no fracaso que serían as festas de Conxo montadas por Sanmartín–. É fundamental que o desgoberno local reconduza o rumbo e que adopte unha postura favorable á participación veciñal, á iniciativa dos colectivos e a enriquecer os barrios e parroquias. Pero, sobre e ante todo, que se desculpe coa Comisión de Festas de Conxo por un trato, que desde logo, non debe ter ningún goberno cos seus cidadáns.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Da outredade á comunidade universitaria

O legado feminista, de máis de tres séculos de historia, nutre o noso pensamento...

Un Sentir Común

A Universidade de Santiago de Compostela leva 531 anos sendo unha das institucións máis...

Toponimia cool

Orixinariamente o termo avenida facía referencia ao camiño que entraba nunha cidade e que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here