InicioOPINIÓNDuns hosteleiros pola cultura, da negativa do BNG e da necesidade de...

OPINIÓN

Duns hosteleiros pola cultura, da negativa do BNG e da necesidade de apostar por nós mesmos

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

A comezos deste mes de agosto, os hosteleiros composteláns deixaron unha estampa interesante para a cidade: a petición dunha mellor oferta cultural ante o goberno de Sanmartín. Esta demanda, sobre a que xa falei neste espazo en varias ocasións, é asumida como unha prioridade por este sector, consciente de que a cultura e o ocio representan un claro elemento tractor de visitantes. Non en balde, desde o Festival ‘Aquí tamén se fala’ na Coruña —de pequeno formato—, até O Son do Camiño en Santiago —de máximo formato en Galicia—, todos atraen público doutras partes do país que se hospeda, consume na hostalaría local etc. Tamén outros eventos, como pode ser o teatro, os festivais de cinema e todos aqueles eventos singulares que existen no noso territorio.

Como é de sobra coñecido por quen habita Compostela, os meses de verán a cidade baléirase de veciños, e quen ficamos aquí, así como quen nos visita, atópase unha programación escuálida, raquítica. Mais esta realidade non é só propia de agosto, senón que a caída en picado das festas do Apóstolo, entre outros, lastra as visitas que a capital de Galicia pode atraer doutras partes de Galicia. Os propios hosteleiros sinalaban como na Coruña as Festas de María Pita e o Festival Noroeste deixaron un 92% de ocupación na cidade e, como é obvio, un (des)goberno de Goretti Sanmartín que inviste nas festas un 84% menos que a media dos municipios do Estado non pode competir dignamente para atraer xente do resto de Galicia.

A esta realidade aínda hai que contrapoñerlle o mundo idílico –ou da piruleta– no que vive inmersa Míriam Louzao (BNG), quen fala de que o seu bipartito aposta pola desestacionalización. Esas palabras –o papel sopórtao todo– contrastan coa situación da cidade, que carece dunha programación digna para a capital de Galicia, un polo do noroeste peninsular, un espazo que cabalga entre o mundo hispánico e a lusofonía –coa que Borja Verea, líder do PP, pedía reforzar lazos–, un lugar que podería ser non só a capital administrativa do país, senón un dos grandes focos da Península Ibérica.

Non obstante, a edil nacionalista, ao igual que todo o equipo que (intenta) dirixe Santiago, é incapaz de darlle á cidade o lustre que tivo noutros tempos, con operas, zarzuelas, teatro internacional, concertos de referencias globais. E, non nos enganemos, tampouco é quen de artellar unha programación atractiva con produto netamente galego. Por moito que sempre digan que van abandonar o vicio da pereza e que van empezar a traballar por Santiago, BNG e CA viven nunhas vacacións perpetuas mentres a cidade perde centos de trens.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) Falta de artistas recoñecidos e escasa visibilidade, principais críticas á Ascensión deste ano

As Festas da Ascensión 2025 chegan a Santiago con música, tradición e unha programación...

O Concello confirma o acordo entre empresa e traballadores que pon fin á folga do lixo

A folga do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Santiago de...

O Monbus Obradoiro cae na prórroga en Palencia e xogará o domingo a súa continuidade no play-off

O Monbus Obradoiro perdeu na noite do venres ante o Zunder Palencia no terceiro...

A Praza do Obradoiro convértese nunha cancha de baloncesto con máis de 350 participantes no circuíto 3×3 CaixaBank

A Praza do Obradoiro acolleu este sábado unha nova xornada do Circuíto 3x3 CaixaBank,...

O móbil de Ábalos non só é Pedro, cheira a “esterco”

Dependendo do contexto, podemos usar “sucidade”, “lixo” ou “porcallada”, sendo refinado en palabras utilizarei...

León XIV: Avance, retroceso ou continuidade?

Robert Prevost, agora León XIV, será o Sumo Pontífice que dirixa os destinos da...

Os de sempre

O Partido Popular leva gobernando Galiza dende fai 16 anos. E, menos 4, tódolos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here