InicioOPINIÓNQue as acampadas fagan máis ruído que os mísiles

OPINIÓN

Que as acampadas fagan máis ruído que os mísiles

Publicado o

Por Lois E. Froiz
Lois E. Froiz
Lois E. Froiz

Nado en Compostela, é Doutor en Comunicación e leva media vida vencellado á cultura, escribindo en revistas, webs e fanzines, formando parte do xurado de festivais, programando en cineclubes, dirixindo curtas e un documental, tocando en bandas e até publicando un libro. Na actualidade traballa en organización comarcal do BNG.

Hai 13 anos, a xuventude da miña xeración —que seguimos asumíndonos como xuventude malia que algúns xa case non o eramos daquela, pero ese é outro tema—, viamos como as prazas do estado se enchían nunha protesta conxunta que durou meses e serviu para facer ver descontento e incluso rebentar o panorama político de xeito que cambiase para sempre. Porque claro, agora mesmo todo vai moito mellor e o bipartidismo xa non existe, nin o saído daquela funcionou como simple muleta que aguantase ao sistema.

Agora, en 2024, con todo aquilo que ocorrera xa deixado atrás e con parte desa poboación tomando rumbos politizados de maneira institucional e/ou social, a xente nova —a de verdade, non quen aínda non queremos madurar e asumirnos adultos— volve acampar. Neste caso están a facelo nas universidades e por algo aínda máis terríbel que a crise que asumíamos hai unha década e media: o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino a mans do estado ilexítimo de Israel. A ironía é que tanto unha como a outra teñen un factor de nacemento común: o neoliberalismo e a supeditación dos intereses económicos de Europa aos dos EUA e os seus lobbis.

Eu só agardo que, contrariamente á miña xeración, a rapazada actual teña claras as ideas. Daqueles cantos que escoitaba tipo ‘ni izquierdas ni derechas, no nos representan‘, agardo que non quede ren, e que esta nova mocidade teña claro que o camiño da protesta, da defensa das persoas vulnerábeis, das causas xustas por riba dos poderes económicos… Foi, e será sempre, un camiño de esquerdas. Incluso malia que poidan non sentirse representadas por partidos institucionais, ou que entendan que hai partidos que se venden de esquerdas pero, cando gobernan, acaban beneficiando economicamente á banca e aos lobbis empresariais no canto de ir xunto ao proletariado. Que o inimigo está, en definitiva, en quen apoia o estado ilexítimo de Israel e en quen se dobra ante o seu aliado americano. Pero que o inimigo, aínda que poida haber diferenzas, nunca será quen está sempre ao lado das causas internacionalistas, quen apoia a causa palestina dende o primeiro día nas rúas e quen fai forza nas institucións por acabar co apartheid e a masacre. Que as persoas, grupos e entidades que combaten o colonialismo no propio país sempre acaban por ser as mesmas que se esforzan en combater o colonialismo e o imperialismo a nivel internacional.

Tamén agardo, e remato, que aprendesen de nós e non acabe todo en asembleas eternas de purismo que non van a ningures, nas que se decida votar asembleariamente se facer unha asemblea que sirva para organizar unha asemblea e así ad eternum. Pola contra: espero que aprenderan do de hai unha década e asuman que a loita precisa certo nivel de pragmatismo e de análise da realidade política na que vivimos. E que polo menos non se deixen enlear por quen se vende purista pero só é xente que por ego, ou por intereses externos (aí están as infiltracións levando as loitas sociais á nada en plena actualidade), rebenta os movementos. Que entendan que si, que o camiño da loita e a protesta está na esquerda. E que é moi bonito o de lanzar proclamas, pero tamén o é, e moi necesario, facer que esas proclamas cheguen ás institucións e se escoiten máis que os mísiles, para que a sociedade esperte e poida cambiar.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Despropósitos e ocorrencias!

Dende que comezou o estado das autonomías, Galiza ten transferidas as competencias en materia...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here