InicioOPINIÓNDunhas festas desanxeladas, da falta de orgullo de cidade e dun (des)goberno...

OPINIÓN

Dunhas festas desanxeladas, da falta de orgullo de cidade e dun (des)goberno sen ideas

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

A Ascensión é, evidentemente, a festa máis importante en todo o ano para os picheleiros no conxunto da cidade, a maiores daquelas festividades propias de cada unha das parroquias. Este feito semella escapárselle ao goberno local de Santiago de Compostela, que perpetúa a organización dun programa festivo impropio da capital de Galicia. Ou o que é peor, non se lle escapa e, premeditadamente, por cuestións puramente partidistas, deciden afogar celebracións coma esta, que non encaixan “no seu modelo de cidade”.

Despois da anestesia nas celebracións ás que nos tiñan acostumados os gobernos de Martiño Noriega e Sánchez Bugallo, Goretti Sanmartín leva a apatía municipal un paso máis alá. A programación é claramente escasa e pouco ambiciosa, amosa unha clara falta de orgullo de cidade e unhas formas de “traballar” propias de quen vai a rebufo e fai as cousas reguleiras, que de quen planifica e organiza. Non se nos pode escapar que unha concelleira como Pilar Lueiro, responsable das festas, cobra case 57.000 euros anuais e, polo tanto, o pasotismo ou o desdén que poida sentir de cara ás festas emblemáticas da capital do país debe deixalo na súa casa.

En ningún caso é xustificable que, dentro desta proposta —coa que cada ano máis veciños se sinten descontentos—, o BNG e CA prometan montes de ouro, cando a actuación máis relevantes do programa son as da orquestra Panorama, Fillas de Cassandra e Billie Marten. A realidade é que, ante un (des)goberno que gasta máis dun millón de euros en pagarlle ao persoal eventual —é dicir, designado a dedo—, Santiago queda sen as súas festas emblemáticas, cun programa festivo que ben podería facer calquera concello e que, francamente, non está á altura da capital de Galicia. Sobre todo cando parte dos eventos —os pratos fortes como a Panorama ou o concerto dos 40— non están financiados só polo Concello senón por outras entidades.

Non é de recibo que calquera dos concertos ou eventos que organiza ou financia a Xunta de Galicia —como esquecer os Imagine Dragons de hai dous anos ou unha actuación forte do Son do Camiño— teña máis categoría e impacto que as principais festas de Santiago. E isto sucede, simplemente, porque temos un goberno bipartito que non se sinte orgulloso dos emblemas de Santiago, que por puro sectarismo e pasotismo, en palabras de Machado, “desprecia cuanto ignora”.

A actitude de deixar esmorecer aquilo que non se entende e non se comparte non estraña, sobre todo cando o Concello ten recursos suficientes como para impulsar as Festas da Ascensión e milleiros de cousas máis. Dun lado, o sultanato de Sanmartín, que gasta máis de 3 millóns de euros só en órganos de goberno —asesores, soldos políticos, etc.— segundo o orzamento do ano 2024 —ese apoiado por Aitor Bouza para sacar unha foto sen ser concelleiro, xa que os edís do PSdeG non responden ante el—. Do outro lado, o orgullo de cidade, da capital de Galicia, tal e como reivindicou o PP compostelán.

Como xa afirmei noutras ocasións e hoxe reitero, os gobernos son de todos, dos que votaron a esa alcaldesa do BNG (23%) e dos que non (77%). Dos que votaron a Sanmartín, quen, por ser máis papista ca o Papa terminou montando uns Coros e Danzas ao puro estilo franquista, e dos que non, dos que cremos nunha cidade con futuro, cunhas festas acordes e que atraen os veciños e visitantes para darlle vida a cidade. Xa sabemos en que posición está cadaquén. E, aínda que só sexa por recordalo, 57.000 euros anuais de soldo de Pilar Lueiro ben merecen unhas festas en condicións. E para todos.

ÚLTIMAS

Lea política e criticas policiais tras as detencións de manifestantes pro Palestina

As nove persoas detidas en Santiago de Compostela pola súa suposta participación nuns incidentes rexistrados...

Familias de acollida en Compostela: unha experiencia enriquecedora para estudantes internacionais e anfitrións

Cada ano, centos de estudantes internacionais chegan a Santiago de Compostela para vivir unha...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Hormas’, de Ramón Álvarez

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará mañá, 7 de outubro, ás 20:00...

Miles de persoas claman baixo a choiva dende a Alameda ata a Quintana contra “o ano de masacres e destrución” de Israel a Palestina

Miles de persoas saíron á rúa en Santiago para clamar, baixo a choiva, contra...

Virxe da cerca: pensar antes de falar

Virxe da Cerca ou barbarie. Virxe da Cerca ou devastación. Virxe da Cerca ou…...

Nepotismo no PP de Galicia

NEPOTISMO: “PRÁCTICA DE QUEN ABUSA DA INFLUENCIA OU PODER QUE TEN, PARA DAR CARGOS,...

Sobre as quedadas na Sionlla

A formación política do Grupo Municipal Socialista de Compostela @gms_compostela (conta que non ten...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here