InicioPOLÍTICAO BNG sobe un edil e o PSdeG perde apoios en Santiago,...

O BNG sobe un edil e o PSdeG perde apoios en Santiago, segundo Sondaxe

O nacionalismo sería a forza que máis medra e o PP mantería os seus 11 concelleiros malia aumentar en intención de voto

Publicado o

Xornal de Compostela

A última enquisa publicada por Sondaxe revela cambios no mapa político de Santiago de Compostela. Segundo o estudo, o BNG consolidaría o seu ascenso cunha subida de 3,2 puntos en estimación de voto e conseguiría un concelleiro máis, pasando de seis a sete representantes no pleno municipal. Esa acta sairía da representación do PSdeG, que experimenta na capital galega a maior caída entre as sete cidades, cun descenso de 3,8 puntos respecto ás eleccións municipais de 2023.

O Partido Popular, liderado por Borja Verea, tamén incrementaría o seu apoio electoral, pero non se traduciría en máis concelleiros, polo que seguiría con 11 edís no consistorio compostelán.

A reacción dos partidos non se fixo agardar. Dende o BNG, valoraron nas súas redes sociais que, tras dous anos na alcaldía, ‘seguimos facendo cidade’ e que o incremento en apoio e representación amosa que o proxecto nacionalista ‘segue a ilusionar en Compostela’. Con esta proxección, o Bloque afianzaría a súa posición como forza de goberno e como opción preferente entre o electorado progresista.

No PSdeG, a valoración da enquisa correu a cargo do secretario xeral local, Aitor Bouza, que destacou que os datos mostran unha recuperación respecto á enquisa do ano pasado e evidencian que ‘estamos a reconstruír o vínculo coa cidadanía’. Aínda así, Bouza recoñeceu que ‘non nos conformamos’ e interpretou a perda de apoio como unha chamada de atención: ‘hai vontade de volver confiar no PSdeG’. O dirixente socialista sinalou ademais que o partido aspira a liderar unha alternativa progresista e lanzou críticas ao actual executivo local: ‘Santiago está sumida nunha parálise evidente’ e ‘a veciñanza merece algo máis ca un goberno que vive de vender fume’.

O secretario xeral socialista asegurou tamén que o partido continuará traballando “con humildade e ambición” para recuperar a confianza da cidadanía e volver conectar cun proxecto transformador para Compostela.

ÚLTIMAS

Reaccións á restitución das estatuas: “é o traballo de moita xente” di o exasesor xurídico do Concello de Santiago

"É un éxito de moita xente, do traballo de varios equipos, gobernos, grupos e...

Sanidade espera que o novo decano de Medicina finalice o mandato como o único de toda Galicia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, desexou "sorte" ao novo decano da Facultade...

San Pedro sae á rúa: guía día a día das súas festas

O barrio de San Pedro prepárase para vivir unha nova edición das súas festas,...

Paralizan as obras da Intermodal de Santiago para denunciar a negativa da patronal da construción a negociar

As obras da estación intermodal de Lugo víronse interrompidas durante unha hora este xoves...

O Concello prohibe a apertura de novos negocios automáticos no casco histórico da cidade

O Concello de Santiago vén de aprobar inicialmente unha modificación puntual do Plan Especial...

O PP volve cargar contra as festas de Santiago, acusando ao BNG de “arruinalas”

O Partido Popular de Santiago censura a xestión do BNG nas festas locais e...

O BNG celebra na Praza de Cervantes dous anos á fronte do Goberno de Santiago

O Bloque Nacionalista Galego reuniu este martes á súa militancia, simpatizantes e representantes do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here