InicioPOLÍTICAO PP volve cargar contra as festas de Santiago, acusando ao BNG...

O PP volve cargar contra as festas de Santiago, acusando ao BNG de “arruinalas”

Os populares aseguran que a cidade perdeu proxección festiva e culpan ao BNG dunha programación "sen ambición" nin contidos

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O Partido Popular de Santiago censura a xestión do BNG nas festas locais e promete recuperar o seu prestixio se chega ao goberno en 2027.

Nunha comparecencia ante os medios, os concelleiros populares Nerea Barcia e Adrián Villa criticaron duramente a programación das festas da cidade baixo o actual executivo, ao que acusan de ter levado a Santiago a perder o seu papel como referente cultural e festivo tanto en Galicia como no noroeste peninsular.

Segundo Adrián Villa, “as festas de Santiago xa non atraen visitantes coma antes”, e sinalou que a cidade “tivo as peores festas de toda Galicia”. Afirmou que hai unha tendencia descendente desde 2015, e acusou ao BNG de falta de planificación, variedade e cobertura horaria. “Antes viña xente de toda Galicia só polas festas; agora Santiago xa non é referencia”, asegurou.

O edil lamentou a ausencia de elementos tradicionais como os cabezudos, a menor presenza de agrupacións folclóricas, e a falta de artistas de renome nas actuacións. Tamén puxo en valor o traballo das comisións de festas dos barrios, que, con recursos limitados, seguen mobilizando á veciñanza con actividades propias.

Pola súa banda, Nerea Barcia reforzou as críticas insistindo na “falta de ambición” do programa actual, tanto nas actividades principais como nas paralelas. “Houbo concertos que remataron ás 22:30 ou 23:00, mesmo en véspera de festivo”, sinalou, referíndose ao espectáculo organizado por Los 40 Principales na Praza da Quintana. A súa intervención insistiu na descentralización da programación e na falla de contidos nocturnos, especialmente no casco histórico, que ao seu xuízo debería ser epicentro das celebracións.

Os populares denunciaron tamén a falla de atraccións na Alameda e relacionárono cos custos asumidos polos feirantes, que desincentivan a súa presenza. A este respecto, pediron que o goberno local revise os prezos e facilite o acceso dos operadores, para manter a tradición e a diversidade de actividades.

Barcia asegurou que o PP aposta pola música en galego, pero tamén se comprometeu, de chegar ao goberno, a combinar esta aposta cunha maior presenza de artistas de proxección nacional e internacional. “Santiago é a capital de Galicia e merece unha programación á altura”, afirmou.

O grupo municipal popular concluíu o seu balance asegurando que a cidade “perdeu oportunidades e relevancia”, e comprometeuse a recuperar o nivel das festas se accede á alcaldía no 2027.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here