InicioOPINIÓNAntonio López e Xavier Ferreira: todo toca o seu fin

OPINIÓN

Antonio López e Xavier Ferreira: todo toca o seu fin

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

A USC leva anos descompoñéndose. Reitor e xerente miraban cara a fóra. As culpas, a outros. Por que asumilas en primeira persoa? Basta con ler calquera acta, con oír as roldas de prensa, con mirar as accións. A principal universidade do país era un forte. Imos atraer estudantado internacional —sen probas de nivel—, pero imos perder calquera capital de Galicia. Ferreira actúa como o raposo ao coidado das galiñas: cómoas eu, ninguén máis. O malo é que as pitas son os recursos da USC. As propostas innovadoras de Pilar Murias pasan por Ferreira. A proxección pasa por Ferreira. O futuro pasaba polo lobo.

Hai uns meses despedinme da representación estudantil. Deixei de ser estudante de mestrado: remataron as pelexas, as discusións, o ler os orzamentos coa ollada profunda dun neno orfo, negociar modificacións orzamentarias —que o goberno da USC nunca vai cumprir—. Detrás, saber que xogamos un partido ao que os maiores non están dispostos a xogar. Nin Antonio López —reitor magnífico—, nin Xavier Ferreira —xerente non tan magnífico—, nin Dulce García —secretaria que dilata os prazos case por gusto—. Quedan bos recordos desas persoas que queren construír unha universidade magnífica —Pilar Murias é o exemplo por excelencia de quen dá todo de si en prol do estudantado, de quen confía no futuro e que non se preocupa polo asento propio—.

Hoxe observamos como múltiples asuntos pairan sobre a USC. Nada é culpa do reitor. Nada do xerente. Balóns fóra por parte de rapaces que parecen querer medrar en partidos ao abeiro da representación estudantil. Lexítimo dereito, falta de dar explicacións. Erguer –brazo do Bloque na USC– deslexitima todo o que o estudantado toca. O rei Midas ao revés. O estudantado debe reflexionar sobre quen os representa.

Sempre respectei enormemente a todas aquelas persoas coas que non concordo. Murias é un exemplo, pero tería mil. Rosa Crujeiras ou Daniel Cao. Discordo máis con eles no ideolóxico ca o que concordo. Pero miran polas persoas. O factor humano. Tras os datos, quedamos todos. O estudante de grao con notas excelsas e con problemas na casa, o doutorando que non pode pagar o ordenador. Mentres, reitor e xerente botan balóns fóra.

Quedan poucos meses de escuro. A democracia voa sobre o mandato de quen gobernou na pandemia pola falta de candidatos. Sen lexitimidade. Sen impacto na cidade. Sen mellorar as condicións de vida do estudantado. Sen preocuparse do PTXAS. Man de ferro. Nin Margaret Thatcher nos seus mellores tempos. Fóra diálogo. Isto é así. Punto en boca, que diría Paloma Cuesta en ‘Aquí no hay quien viva’.

A ditabranda remata. O reitor rematará. O xerente tamén. Quen busca medrar na política coa Universidade. Queda quen se preocupa. Quen pensa no futuro. Quen demostra honestidade coas accións. Quen traballa no escuro. Temos un novo abrente ante nós. A el nos encomendamos!

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Esperanza… ou non!

O PP goberna na Galiza, 17 anos. Primeiro Feijoo e logo Rueda; tempo tiveron,...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here