InicioMOV. SOCIAISO persoal do estudio de Beatriz Seijo continúa sen avances nas súas...

O persoal do estudio de Beatriz Seijo continúa sen avances nas súas reivindicacións laborais

A folga mantense ante a falta de acordo en temas salariais, xornada laboral e igualdade

Publicado o

Xornal de Compostela

Este luns celebrouse unha reunión solicitada polas traballadoras e o sindicato de Beatriz Seijo Art Studio + Gallery para tratar de alcanzar un acordo sobre as melloras nas condicións laborais e salariais do persoal. Sen embargo, segundo informaron fontes sindicais, non se produciron avances significativos.

Entre as principais demandas das traballadoras están o recoñecemento da categoría profesional con carácter retroactivo, a equiparación salarial e a eliminación da fenda de xénero, ademais do cumprimento da normativa de xornada e rexistro horario. Tamén solicitan a redución das ratios nas actividades formativas, un plan de igualdade e outro de formación.

Outra das reivindicacións é o recoñecemento da relación laboral dunha traballadora despedida que, segundo denuncian, estivo máis dun ano en situación de “falsa autónoma”. O sindicato tamén esixe que a empresa non vulnere o dereito á folga, tal como denunciaron a semana pasada ante a Inspección de Traballo.

As traballadoras tamén reclaman que se corrixan as datas dos chamamentos das fixas discontinuas, que consideran que deberon estar dadas de alta desde o comezo do curso. Durante a reunión, o sindicato subliñou que estas cuestións son “liñas vermellas” para desconvocar a folga, á espera dunha resposta por parte da empresa.

NOVAS ACCIÓNS DE PROTESTA

Ante a falta de ingresos tras 15 días en folga, o persoal activará un ‘crowdfunding’ e realizará novas accións de protesta, como unha “NON festa de fin de curso” o sábado 28 no parque de Santa Marta, e unha aula aberta o martes 1 de outubro, onde explicarán a súa situación á comunidade educativa.

ÚLTIMAS

Santiago prevé iniciar en 2027 o reparto de mercadorías mediante a plataforma loxística da cidade histórica

O Concello de Santiago de Compostela prevé que a nova plataforma loxística de distribución...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

Detida unha veciña do Milladoiro por estafar presuntamente varias persoas co alugueiro dun piso que non podía subarrendar

A Garda Civil detivo unha muller residente no Milladoiro como presunta responsable dun delito...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here