InicioMOV. SOCIAISAs docentes do estudo artístico Beatriz Seijo convocan unha folga indefinida para...

As docentes do estudo artístico Beatriz Seijo convocan unha folga indefinida para demandar melloras nas condicións laborais

A empresa nega cada un dos puntos e indica que a situación é "inaudita"

Publicado o

Por Amanda Ferpe

As docentes do Estudo Artístico Beatriz Seijo demandan melloras laborais e convocan unha primeira concentración ás 12:30h diante da empresa, en Santa Marta. María Lapido, traballadora, leva dous anos dando cursos escolares a nenos e adultos de creatividade, unha pintura alternativa á académica. É a representante sindical das docentes, que son oito en total, e que imparten tanto pintura como cerámica, para nenos e adultos. “Loitamos por unha escoita activa por parte da directiva da empresa, xa que levamos desde abril propoñendo melloras nos salarios e servizos, que se axusten aos beneficios que ten”.

Este conflicto iniciouse en abril do curso pasado, en base ao acontecido na festa de fin de curso. Conta María, que a esta actividade tiñan que asistir obrigatoriamente para participar como docentes e desenvolver distintas tarefas profesionais: “Pasamos o día enteiro, movemos material, facemos aulas para os nenos e demostracións de cerámica. Polo tanto, é tempo de traballo efectivo e sempre se nos dixo que era voluntario”. Ante isto, propuxeron, en consenso, cobrar polas horas traballadas nesta festa de fin de curso. A resposa, segundo indica, por parte da directiva foi nula e a conclusión “foi que se cancelaba, no canto de poder cobrar as horas traballadas”.

Foi a raiz da cancelación desa cita, cando comezan a ter as traballadoras reunións coa directiva “no ámbito de regularizar situacións que non debían ser”. Comenta o caso dunha compañeira, que estivo como “falsa autónoma todo o curso”. Así, expón que daba clases con regularidade no espazo, pero en ningún momento se lle fixo un contrato de traballo: “Ela viña as aulas semana si e semana non, e esa regularidade implica que é traballadora coma nós, pero nunca se deu unha relación laboral”. Decidiron prescindir dela cando houbo unha baixada normal de matrículas, en xuño, e con esa decisión, sen relación laboral normal, “a compañeira quedou na rúa sen indemnización”. Manifesta que viron a indefensión desta outra docente e plantexaron máis reunións coa directiva dende ese momento. A partir de aí, as negociacións teñen como resposta “a negación e incluso violencia verbal”, chegando a cancelar reunións e aí decidiron que precisaban unha mediación.

Acudiron ao sindicato CIG para coñecer máis sobre os seus dereitos laborais: “Non sabiamos que había unha compañeira facendo funcións de profesorado cun contato de monitora, por exemplo”. Comezan a ter máis reunións, pero sen chegar a un acordo sobre as demandas das docentes: salariais, de redución de ratios por aula, mellora na seguridade nas aulas co forno cerámico nas aulas… “Aínda neste punto, e desde o mes de abril, nunca houbo diálogo nin escoita activa polo que decidimos convocar a folga. Coincide co comezo de curso para exercer maior presión e chegar a un acordo. É a forma que temos para obter as melloras nas condicións como traballadoras e, polo tanto, tamén no noso servizo ao usuarios nas aulas”, establece María.

A POSTURA DA EMPRESA 

O avogado da empresa, Óscar Rodríguez Mallo, traslada o punto de vista en base ao escrito de preaviso da folga. En primeira instancia, queren facer constar que non hai unanimidade nos traballadores na proposta de folga. “Hai como mínimo dous traballadores que se manifestan expresamente contrarios á folga”. Continúa sinalando, sobre a traballadora que puido estar “como falsa autónoma”, comenta que é “radicalmente falso”. Trátase dunha rapaza que xa traballa como autónoma noutras actividades e que ela mesma é a que marcaba “cando podía ou cando non prestar eses servizos”. Así, afirma que as condicións de entrar como autónoma están marcadas pola propia traballadora e que teñen documentación que acredita que presta servizos noutras estancias, “nada ten que ver cun traballador de réxime xeral, xa que traballaba unhas 12 horas ao mes”.

Sobre o punto das melloras salariais, comenta que o que reclaman é que se lle pague adicionalmente ao que marca o convenio colectivo e as horas que están realizando na práctica: “Horas que se corresponden exactamente co contrato de traballo e que a empresa lles está pagando voluntariamente e sen ter ningún tipo de obriga, a todos eles con maior ou menor importe, un plus adicional”.

En referencia a unha certa situación precaria dalgún dos traballadores, nega con claridade porque están dados de alta, na categoría que lles corresponde e todos co salario que lles corresponde polas horas que teñen de traballo. Expresa sobre isto: “Pretenden facer unha reclamación de categorías superiores cando son, en moitas ocasións, son traballos que decidiron facer eles unilateralmente, pola súa conta e risco, e sen contar co consentimento e autorización da empresa”. Sobre as “ratios asumibles para as aulas” que demandan, di que hai aulas con 12 alumnos como máximo, cando está permitido ata 25 ou 30 alumnos, polo tanto unha “falsidade rotunda”. En cuestións de seguridade, destaca que nunca “tiveron ningún tipo de incidencia nin incidente” e que todo está validado polo servizo de prevención alleo da empresa.

“Creemos que todo se enmarca nunha petición dos traballadores de que queren cobrar moito máis salario do que marca o convenio e a empresa non ten legalmente ningún tipo de obriga de facelo”, indica o avogado, que engade: “Falamos dunha folga indefinida en educación dunha empresa que ten oito traballadores, dos cales só un está a xornada completa, é inaudito”. Para rematar fai fincapé en que levan tres días emitindo propostas “incluso por riba do convenio” e que a resposta é un non, polo que “a idea de negociar non existiu nunca”.

ÚLTIMAS

Aparece o corpo sen vida dun home nunha vía do tren en Vedra

A circulación de trens entre Ourense e Santiago estivo interrompida durante case tres horas...

A alcaldesa destaca a necesidade dun forte investimento no Estadio Verónica Boquete

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que o Estadio...

(VÍDEO) O día que Ronaldinho deixou marca en Santiago de Compostela

No 2004, en pleno ano santo en Galicia, a Xunta de Galicia decidiu levar...

Xavier Coller reflexiona sobre a teatralización da política en España: “Galicia ten o índice máis alto de desacordo parlamentario”

O catedrático de Ciencia Política da UNED, Xavier Coller, presentou onte no Ateneo de...

Traballadores do estudio Beatriz Seijo aseguran que a empresa non aceptou ningunha das reivindicacións

Tras 20 días de folga, as traballadoras e traballadores da empresa Beatriz Seijo SL...

Decenas de pensionistas maniféstanse dende Praterías ata O Toural por unha lei que blinde os seus dereitos e reclaman “máis respecto”

A Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT-Galicia (UXP) reuniu a decenas de persoas en Santiago...

Xubilados e pensionistas maniféstanse en Santiago para reivindicar a defensa do sistema público de pensións

Mañá, 1 de outubro, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, a Unión de...

1 COMMENT

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here