InicioPOLÍTICAMartínez Allegue reafirma que non hai bloqueo na solicitude de Santiago como...

Martínez Allegue reafirma que non hai bloqueo na solicitude de Santiago como zona tensionada

A conselleira destaca que a Xunta analiza a documentación e insiste na colaboración para avanzar no proceso.

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, referiuse á resposta do Concello de Santiago ao requirimento recibido o 8 de xullo para emendar a documentación da solicitude de declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado. Martínez Allegue destacou que “cando se fan ben as cousas e mándanse ben os documentos, non hai ningún problema” e explicou que a Xunta continúa analizando os documentos remitidos para decidir sobre a declaración, insistindo en que non se está a bloquear a solicitude.

O concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, defendeu nunha rolda de prensa que a nova documentación enviada o 23 de xullo xustifica con datos claros e obxectivos o cumprimento dos requisitos legais para que o municipio sexa declarado zona tensionada. Lestegás resaltou que o informe do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña demostra o tensionamento do mercado residencial compostelán, algo que a conselleira matizou que os técnicos da Xunta están a revisar co obxectivo de colaborar coa cidade.

Noutro ámbito, a conselleira asinou co Concello de Silleda un convenio para mellorar a mobilidade peonil na avenida do Parque, cun investimento total de preto de 750.000 euros, dos que a Xunta achegará case 105.000. O proxecto inclúe a humanización do espazo, a modernización das infraestruturas subterráneas, a renovación da iluminación pública con luminarias LED e a creación dunha nova zona verde para facer o entorno máis accesible e eficiente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...