InicioMOV. SOCIAISAsociacións en defensa de Palestina lanzan o libro 'Cantos de dor e...

Asociacións en defensa de Palestina lanzan o libro ‘Cantos de dor e liberdade’, con poemas e ilustracións de artistas galegas

A cultura galega mobilízase nun libro de solidariedade para apoiar á poboación refuxiada palestina, coa colaboración de 54 artistas locais

Publicado o

Xornal de Compostela

Sara Ashour, representante da AGA Jenin, e Anxela Gippini, da Asociación Galiza por Palestina presentaron hoxe a través dunha rolda de prensa o libro Cantos de dor e liberdade, voces galegas por Palestina, unha compilación de 42 poemas e 12 ilustracións de destacados artistas da cultura galega. Este libro é o resultado dunha colaboración entre varias organizacións galegas comprometidas coa paz e a liberdade palestina, entre as que se inclúen Galaico-Árabe Jenin, Galiza por Palestina, Mar de Lumes, e Pallasos en Rebeldía, así como o movemento BDS – Galiza.

O proxecto naceu coa intención dual de dar visibilidade á denuncia dos crimes do estado de Israel e recadar fondos para a UNRWA, a axencia das Nacións Unidas que asiste á poboación refuxiada de Palestina. “A resposta da cultura galega foi abafante: estes meses de traballo foron moitas as achegas e contactos para a preparación do proxecto, tantos e tantas que lamentamos se non puidemos atender todas as propostas.”, explicou Sara Ashour.

Os fondos recadados destinaranse á UNRWA, en recoñecemento ao seu traballo sostido en favor das refuxiadas e refuxiados palestinos. “A UNRWA é moito máis que unha organización de axuda ás refuxiadas palestinas, é a proba e a memoria da diáspora e a expulsión de millóns de persoas dos seus fogares, unha memoria das refuxiadas que algúns queren eliminar.”, sinalou Ashour, destacando a importancia de reivindicar e financiar o labor desta organización.

As presentacións do libro están programadas para ter lugar nas principais vilas e cidades galegas e en diversos festivais culturais, incluído o Festival de Poesía do Condado, dedicado este ano tamén a Palestina.

A publicación, realizada en colaboración coa editorial Tempo Galiza, foi coordinada por Ana Martíns, quen xestionou a recolección e corrección dos textos. A obra conta tamén co prólogo do profesor Carlos Aymerich Cano, destacando a relevancia cultural e política do proxecto.

ÚLTIMAS

(COMPLETO) “Muller, abrigo”: o mural que acolle un barrio enteiro

O sol, filtrado polas nubes finas de agosto, deixa caer unha luz dourada sobre...

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

(VÍDEO) A Asociación de Pacientes denuncia un novo colapso nas urxencias do CHUS e sinala ata 13 pacientes graves nos corredores

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou este luns un novo episodio...

‘Sinaladas’ afonda na memoria das mulleres galegas represaliadas ao longo do século XX

A rúa da Carreira do Conde, en Santiago de Compostela, acolle desde esta semana...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de ata 17 días na atención primaria malia o plan de verán do Sergas

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volveu advertir sobre o grave deterioro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here