InicioSOCIEDADECancelada a folga nas ambulancias da área de Santiago-Barbanza

Cancelada a folga nas ambulancias da área de Santiago-Barbanza

Segundo informa a CIG, chegouse a un preacordo que reúne "todos os puntos" da táboa reivindicativa e foi aprobado este mércores por unanimidade nunha asemblea de traballadores.

Publicado o

Xornal de Compostela

CIG cancelou as protestas e folgas que tiña previstas a partir desta semana no servizo de transporte sanitario non urxente da área de Santiago-Barbanza, despois de asinar este mesmo mércores un preacordo con Ambulancias Casablanca, unha das integrantes da UTE (unión temporal de empresas) concesionaria. Segundo informa o sindicato, o preacordo reúne “todos os puntos” da táboa reivindicativa e foi aprobado este mércores por unanimidade nunha asemblea de traballadores. 

Por tanto, este conflito laboral deuse por solucionado só 48 horas despois de anunciarse o calendario de mobilizacións, que incluía unha protesta para este xoves e varias folgas que arrincarían o luns, día 17 de xuño, e que se poderían volver indefinidas en xullo. O preacordo alcanzado contempla a consolidación dunha bolsa de emprego con carácter permanente e por orde de antigüidade na que se incluirán os dous traballadores despedidos e na orde no que lles correspondía.

E é que, segundo denunciaba o luns en rolda de prensa o responsable de Transportes da CIG en Santiago, Inácio Pavón, a empresa saltábase a lista e incluía nela “a familiares” dos responsables. Ademais, Pavón destaca que as medidas acordadas acabarán coa arbitrariedade, baixo a premisa de que “todos os postos estruturais” cubriranse “con persoal indefinido e a xornada completa, consolidando inmediatamente a quen non o estaba”. 

Así mesmo, o pacto contempla a posibilidade de solicitar persoal de apoio cando se precise, que os traballadores da UVI deben contar “coa titulación adecuada” e o compromiso de realizar “os mantementos, as limpezas e as desinfeccións das ambulancias e dos equipos de traballo conforme obriga a lei e baixo a supervisión da UTE”. E se garantirá a limpeza dos uniformes, un rexistro de horas extraordinarias que, ademais, pagaranse na nómina seguinte.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here