InicioSOCIEDADECancelada a folga nas ambulancias da área de Santiago-Barbanza

Cancelada a folga nas ambulancias da área de Santiago-Barbanza

Segundo informa a CIG, chegouse a un preacordo que reúne "todos os puntos" da táboa reivindicativa e foi aprobado este mércores por unanimidade nunha asemblea de traballadores.

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG cancelou as protestas e folgas que tiña previstas a partir desta semana no servizo de transporte sanitario non urxente da área de Santiago-Barbanza, despois de asinar este mesmo mércores un preacordo con Ambulancias Casablanca, unha das integrantes da UTE (unión temporal de empresas) concesionaria. Segundo informa o sindicato, o preacordo reúne “todos os puntos” da táboa reivindicativa e foi aprobado este mércores por unanimidade nunha asemblea de traballadores. 

Por tanto, este conflito laboral deuse por solucionado só 48 horas despois de anunciarse o calendario de mobilizacións, que incluía unha protesta para este xoves e varias folgas que arrincarían o luns, día 17 de xuño, e que se poderían volver indefinidas en xullo. O preacordo alcanzado contempla a consolidación dunha bolsa de emprego con carácter permanente e por orde de antigüidade na que se incluirán os dous traballadores despedidos e na orde no que lles correspondía.

E é que, segundo denunciaba o luns en rolda de prensa o responsable de Transportes da CIG en Santiago, Inácio Pavón, a empresa saltábase a lista e incluía nela “a familiares” dos responsables. Ademais, Pavón destaca que as medidas acordadas acabarán coa arbitrariedade, baixo a premisa de que “todos os postos estruturais” cubriranse “con persoal indefinido e a xornada completa, consolidando inmediatamente a quen non o estaba”. 

Así mesmo, o pacto contempla a posibilidade de solicitar persoal de apoio cando se precise, que os traballadores da UVI deben contar “coa titulación adecuada” e o compromiso de realizar “os mantementos, as limpezas e as desinfeccións das ambulancias e dos equipos de traballo conforme obriga a lei e baixo a supervisión da UTE”. E se garantirá a limpeza dos uniformes, un rexistro de horas extraordinarias que, ademais, pagaranse na nómina seguinte.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here