InicioMOV. SOCIAISGaliza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización solicita posicionamentos públicos a Rosa Crujeiras e Maite Flores na segunda volta das eleccións universitarias sobre a revisión de acordos académicos e científicos

Publicado o

Xornal de Compostela

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á segunda volta das eleccións á Reitoría da USC para que adopten compromisos explícitos e verificábeis sobre a continuidade das relacións académicas e científicas con institucións israelís.

Segundo expón o colectivo, a petición prodúcese vinte e oito meses despois do inicio da ofensiva sobre Gaza en outubro de 2023, nun contexto no que diversas universidades do Estado español manteñen colaboracións con entidades israelís a través de programas europeos de investigación. Esta situación foi analizada nun informe actualizado en febreiro de 2026 pola Rede Universitaria por Palestina, que examina o grao de cumprimento dos compromisos asumidos polas institucións académicas tras as mobilizacións estudantís da primavera de 2024.

De acordo con ese documento, unha parte significativa das universidades non adoptou medidas efectivas para revisar ou suspender acordos con institucións israelís. O informe lembra que o 9 de maio de 2024 a Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE) instou a analizar estas colaboracións e a interromper aquelas que non contasen cun posicionamento claro a favor da paz e do dereito internacional humanitario.

Entre as universidades mencionadas no informe atópase a Universidade de Santiago de Compostela, que figura entre as cinco institucións do Estado con maior número de proxectos activos con entidades israelís. Parte destas relacións establécense no marco do programa europeo Horizon Europe, no que Israel participa como país asociado desde o ano 2021.

PETICIÓN DE COMPROMISO ÁS CANDIDATAS

No contexto da segunda volta electoral, Galiza por Palestina solicita ás dúas candidatas, Rosa Crujeiras e Maite Flores, que fagan público o seu posicionamento sobre a continuidade destes acordos e que concreten compromisos en caso de acceder ao reitorado.

Entre as cuestións formuladas pola organización figuran a revisión e eventual ruptura de acordos con institucións israelís, así como a garantía de que a USC non colabore con entidades implicadas en vulneracións graves de dereitos humanos. Ademais, reclaman que a universidade asegure un campus libre de discursos de odio, propaganda fascista e vulneracións de dereitos fundamentais.

O colectivo lembra tamén que na anterior rolda de contactos Maite Flores trasladara por escrito un compromiso que, segundo indican, recollía parte das demandas formuladas, entre elas a ruptura de acordos con organizacións e empresas vinculadas coa ocupación ilegal de Palestina.

RESPONSABILIDADE DAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS

Galiza por Palestina considera que o debate sobre estas colaboracións vai máis alá do plano estritamente legal e sitúase no ámbito da responsabilidade ética e política das institucións públicas.

Neste sentido, a organización sostén que as universidades deben avaliar as implicacións das súas alianzas internacionais, ao tempo que subliña que a coherencia entre as declaracións institucionais e as decisións adoptadas será un elemento relevante no contexto da segunda volta das eleccións á Reitoría da USC.

ÚLTIMAS

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio...

Santiago probará un sistema dixital para axilizar as bolsas de comedor escolar

O Concello de Santiago e o grupo de investigación Armela da USC colaborarán no...

Goretti Sanmartín e Pedro Blanco apelan á colaboración co empresariado galego na asemblea da CEG

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro...

Borja Verea propón crear unha ‘Casa das Familias’ municipal para ofrecer apoio emocional e orientación en Santiago

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou este martes a proposta da...

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio...

Santiago probará un sistema dixital para axilizar as bolsas de comedor escolar

O Concello de Santiago e o grupo de investigación Armela da USC colaborarán no...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here