InicioMOV. SOCIAISInvestigadores da USC critican a hostilidade do Decanato contra as protestas en...

Investigadores da USC critican a hostilidade do Decanato contra as protestas en resposta aos acontementos en Gaza

O colectivo estudantil enfróntase a un cambio de postura do Decanato que agora condena a ocupación

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Investigadores da USC levan máis de dúas semanas ocupando espazos da Facultade de Xeografía e Historia, en resposta aos acontecementos en Gaza dende outubro de 2023 que conmoveron á comunidade internacional. A ocupación, que inicialmente contou co respaldo do Decanato e non interrompeu o traballo do persoal da facultade, enfronta agora unha nova realidade.

Coa chegada do período de exames e a extensión da protesta a máis aulas, o Decanato revisou a súa posición inicial e condenou as accións que previamente apoiara. Un comunicado recente asinado polo decano destaca un cambio de postura, expresando o desexo de que a acampada se disolva. Ademais, a dirección da facultade contempla agora o peche do edificio alegando problemas estruturais de longa data na biblioteca e niveis elevados de radón, cuestións que, segundo aseguran os propios investigadores, “son coñecidas e desatendidas dende hai décadas”. “A súbita preocupación decanal pola seguridade do persoal e do patrimonio do centro non pode deixar de sorprendernos, á vista de que nada se fixo tampouco por paliar os desproporcionados niveis de radón tamén presentes nel”, explican os asinantes.

O colectivo de investigadores implicados na ocupación, que asinaron un comunicado, afirman sentirse sorprendidos pola repentina preocupación do decanato e acusan a dirección de usar estes problemas estruturais como escusa para terminar coa protesta. Reclaman que a situación se resolva sen manipulacións mediáticas, ameazas ou medidas autoritarias e insisten en que as deficiencias citadas non deben ser usadas para negar o seu dereito a protestar.

Os investigadores reafirman o seu compromiso cos principios da mobilización en solidariedade co pobo palestino, demandan o cesamento da hostilidade contra a acampada e esixen respecto polo dereito á protesta. Adicionalmente, solicitan que se poña fin á difamación do colectivo mobilizado a través dos medios de comunicación e rexeitan o uso das condicións preexistentes do edificio como medida de presión contra a súa causa. A declaración conclúe ratificando o apoio inquebrantable ás compañeiras involucradas na protesta.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

O PSdeG e a Fundación Luis Tilve homenaxean a Manuel Maroño no cemiterio de Boisaca

O muro dos fusilados do cemiterio de Boisaca acolleu esta mañá un acto de...

Triskel Artesanía visibiliza este mes de decembro o labor da Asociación de Dano Cerebral dentro da campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’ pecha o ano cunha colaboración centrada no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here