InicioMOV. SOCIAISTensión nas ambulancias Santiago-Barbanza; contratos suspendidos e problemas laborais

Tensión nas ambulancias Santiago-Barbanza; contratos suspendidos e problemas laborais

A UTE de ambulancias entre Servicios Sanitarios del Cantábrico (de HTC Group) e Ambulancias Casablanca, novo foco de tensión para a Xunta. Os e as traballadoras denuncian arbitrariedades e Sanidade decidiu retirar o contrato de licitación da plataforma de contratación da Xunta.

Publicado o

Por Ramón Mariño

Tensión no servizo de ambulancias Santiago-Barbanza. O pasado martes 30 de abril houbo unha reunión entre os representantes da UTE formada por Servicios Sanitarios del Cantábrico (SSC), Ambulancias Casablanca (AC) e representantes dos traballadores e traballadoras de ambulancia. O motivo foi a denuncia por parte destes últimos dunha serie de incumprimentos por parte de Ambulancias Casablanca. Denunciaban cambios nos cadrantes de quendas, as persoas incorporadas recentemente tiñan que solucionar ellas o lavado da súa roupa de traballo (roupa que debe recibir tratamento especial por risco biolóxico) ademais de que se incorporara novo persoal con contrato indefinido sen respectar a incorporación de traballadores temporais con máis antigüidade. Este último punto parece ser o límite que sobrepasou a empresa para os traballadores, despedimento de persoal con dereito a contrato indefinido e logo contratación de persoal que, en principio, non tería a cualificación para o traballo nunha ambulancia.

CHEGOUSE AO LÍMITE

Desde o sindicato CCOO, Roberto Rodríguez apuntaba que na Unión Temporal de Empresas (UTE) de Servicios Sanitarios del Cantábrico e Ambulancias Casablanca, esta última empresa estaba a incumprir unha serie de puntos como eran “incumprimentos dos acordos sobre contratacións indefinidas e salarios, ademais, contrataron empregados sen formación como Técnico de Emerxencias, mentres despedían a outros traballadores”.

Desde a CIG, Nacho Pavón, sinala tamén estas irregularidades, mais a que “acabou por sobordar a paciencia dos e das traballadoras foi a contratación de novo persoal sen respectar a orde de antigüidade dentro do persoal temporal para pasalo a indefinido”. Isto ocorreu co despido de dous empregados que deberan ocupar unhas prazas indefinidas mais a empresa optou por contratar unha persoa, que segundo denuncia a CIG “non tiña a titulación de Formación Profesional (FP) requerida para o traballo en ambulancias”. Existe a sospeita de que o título de FP sexa unha falsificación, mais de momento, toda a documentación está no xulgado.

“Durante a reunión que tivemos coas empresas puidemos demostrar todas as cuestións que lles presentamos, e mesmo a outra parte da UTE lle dixo que debía cumprir cos acordos” sinala Pavón. Doutra banda, tamén denuncian que servizos de UVI en ambulancia é realizado por traballadores alleos á empresa de ambulancias, “parece ser que veñen desde unha funeraria e a Xunta non pode mirar para outro lado cando se están cometendo irregularidades como esta”.

Outras irregularidades que denunciaban os traballadores son a orde ás persoas contratadas recentemente para que non laven os seus uniformes a conta da empresa, deben facelo eles. “Os uniformes lávanse todos os días para evitar risco biolóxico, de non facelo, de non lavar diariamente cinco uniformes, a empresa estaría aforrando 200 ou 300 euros por mes”. Ligado tamén á hixiene, até que se produciron queixas da veciñanza en Fontiñas (Santiago) as ambulancias de Casablanca eran lavadas na rúa. Despois disto a limpeza faise no local “que non está acondicionado para esta tarefa porque simplemente é un garaxe”.

Pola súa parte, consultada a empresa Ambulancias Casablanca, negaron que houbese irregularidades, ademais, que todos os salarios estaban pagados.

LICITACIÓN E CONVENIO

As forzas sindicais denuncian que todo isto se produce nun momento en que se vai facer unha nova licitación pública para o servizo de ambulancias na Área Sanitaria Santiago Barbanza, onde até o 23 maio se poderán presentar as diferentes propostas. A actual concesión remataba o 31 de marzo mais foi prorrogada tres meses. Os documentos da Área Sanitaria de Santiago apuntaban en febreiro un prezo estimado sen IVE de 17.114.807,21 de euros.

Porén, no Consello da Xunta do pasado 22 de abril anunciábase o acordo polo que se autoriza a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de transporte sanitario da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanzapor un importe total de licitación de dez millóns vinte e seis mil cincocentos cincuenta e catro euros con once céntimos (10.026.554,11 €)”.

Por outra parte, está o convenio laboral das ambulancias que abrangue de 2023 a 2025. Non obstante, aínda que houbo unha suba de salarios, como sinalan na CIG, a paga extra por convenio en compensación salarial non se pagou, farase cando entre en vigor o último dos concursos de concesión do servizo de ambulancias, aínda por conceder mais que se conta que estea dispoñible entre xullo e setembro deste ano.

ÚLTIMAS

O PP solicita ao Concello que instale pantallas na praza Roxa para ver a final da Eurocopa feminina

O grupo municipal do Partido Popular en Santiago de Compostela solicitou este venres ao...

O Comité de Expertos no Camiño avanza en Santiago na programación do Xacobeo 2027

O Pazo de Amarante, en Santiago de Compostela, acolleu esta semana unha nova sesión...

O Teatro Principal entrega a Alba de Compostela a catro referentes locais no Día da Patria Galega

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu este 25 de xullo un dos...

O misterio do Apóstolo: espiritualidade, estratexia e construción de Europa

Cada 25 de xullo, Galicia celebra o día do seu patrón, o Apóstolo Santiago....

Vítimas do accidente de Angrois denuncian que “o Estado non resposta” nin asumiu “ningunha responsabilidade”

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois en xullo de 2013...

Vítimas de Angrois esixen un novo informe sobre o accidente do que só se culpa ao maquinista doce anos despois

Vítimas do descarrilamento do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013...

Artistas galegos promoven un acto por Palestina con música, cinema e poesía na Oficina Rúa

O espazo Oficina Rúa, na rúa San Pedro de Santiago de Compostela, acollerá o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here