InicioMOV. SOCIAISEstes son os autobuses dispoñibles para acudir á mobilización en defensa da...

Estes son os autobuses dispoñibles para acudir á mobilización en defensa da sanidade pública en Santiago

A manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública celebrarase este domingo 1 de febreiro ás 12:00 na Alameda de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca unha mobilización en defensa da sanidade pública galega o vindeiro domingo, 1 de febreiro, en Santiago. A protesta terá lugar ás 12:00 na Alameda de Compostela e ten como obxectivo denunciar o colapso do sistema sanitario, que a organización atribúe aos recortes e ás políticas de privatización impulsadas polo goberno do PP presidido por Alfonso Rueda.

Co fin de facilitar a participación, a plataforma e os colectivos adheridos habilitaron autobuses dende diferentes puntos de Galicia, con horarios e puntos de saída xa confirmados. A continuación detállase a relación de servizos dispoñibles, así como os contactos para a reserva de praza:

A Coruña
Reserva: 673 058 529 / 609 679 047. Prezo: 5 € por persoa
Saídas:
– 10:00 Campo da Leña
– 10:15 A Palloza
– 10:30 Alfonso Molina (SEAT)

A Guarda
Saída dende o Centro Cultural
Reserva: 986 610 465

Cangas e O Hío
Saída: 10:00
Reserva: 669 330 376 / 646 543 541

Condado – Paradanta
Saída: 09:15 dende o antigo Restaurante de Ponteareas
Prezo: 10 € por persoa (agás nenos e nenas ata 12 anos)
Reservas:
– A Cañiza / Crecente / Covelo: 661 566 281
– Ponteareas / Mondariz / Balneario: 616 285 601
– Salvaterra: 605 377 793
– Arbo / As Neves: 699 853 166

Ferrolterra
Saída: 10:00 dende o Teatro Jofre
Paradas en Caranza (Avenida das Pías), Fene (Gadis) e gasolineira de Vilar do Colo
Reserva: 981 358 750. Prezo: 5 € por persoa

Lugo Sur
Reservas:
– 982 403 005 (mañás de 10:00 a 13:00; tardes de 17:00 a 19:30)
– 982 416 027 (tardes de 17:30 a 20:00)
– WhatsApp: 694 308 785 / 637 820 233
É preciso indicar nome, apelidos e lugar de subida ao autobús.
Saídas:
– 08:30 San Clodio (diante do Centro de Saúde de Ribas de Sil)
– 08:40 Quiroga (diante do Quíper)
– 09:00 A Pobra do Brollón (diante do cuartel)
– 09:15 Monforte de Lemos (Casitas da Compañía)
– 09:45 O Castro de Ferreira, Pantón (diante do Bar París)
– 10:00 Escairón (esquina do Círculo O Savíñao)
– 10:20 Chantada (cemiterio)

Ourense e comarcas
Reserva: 988 782 726 / 676 611 848

Pontevedra
Saída: 10:15 dende o Pavillón de Deportes
Reserva: castelaofederación@gmail.com / fcastelao@yahoo.es

Redondela
Saída: 10:00 dende Chapela
Reserva: 616 635 708 / 638 259 974. Prezo: 5 € por persoa

Vigo
Saída: 10:00 dende a sede da CIG (Rúa Gregorio Espiño, 47)
Reserva: 986 827 900. Prezo: 5 € (agás menores, estudantes e persoas desempregadas)

Val Miñor
– 09:30 Baiona (diante do Parador). Reserva: 609 801 138
– 10:00 Gondomar (estación de autobuses). Reserva: 639 872 750
– 10:00 Nigrán (diante do concello). Reserva: 629 207 579. Prezo: 5 €
Tamén se admiten reservas por WhatsApp.

A organización fai un chamamento á cidadanía para participar nesta mobilización e lembra a importancia de reservar praza con antelación nos autobuses dispoñibles para garantir o desprazamento ata a capital galega.

ÚLTIMAS

O PSOE anuncia que non apoiará os orzamentos de Santiago e condiciona o seu voto á incorporación de medidas

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago confirmou que non votará a favor...

O Salón Teatro esgota as entradas para as tres primeiras funcións de ‘Hamlet’

A obra de teatro Hamlet, dirixida polo actor e director Tito Asorey, será presentada...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical...

‘De Lugares e Órganos’ regresa a Santiago cunha programación que combina música, cinema e patrimonio entre o 28 de marzo e o 5 de...

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou unha nova edición do ciclo...

Queremos Galego presenta en Santiago o protocolo ‘Lingua Vital’ para responder á “emerxencia lingüística”

A plataforma cidadá Queremos Galego celebrou este sábado na praza da Quintana de Santiago...

Médicos galegos volven manifestarse en Santiago e esixen negociar para parar a folga

Médicos de atención primaria e hospitalaria volveron mobilizarse este sábado en Santiago de Compostela...

Un centenar de persoas mobilízanse en Santiago contra a guerra en Oriente Medio e os ataques de Trump

Un centenar de persoas concentráronse este sábado na Praza do Toural, en Santiago de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here