InicioCULTURAO Salón Teatro esgota as entradas para as tres primeiras funcións de...

O Salón Teatro esgota as entradas para as tres primeiras funcións de ‘Hamlet’

A obra dirixida por Tito Asorey inclúe a peza entre os contidos da EBAU e mobiliza a público de 35 concellos galegos

Publicado o

Xornal de Compostela

A obra de teatro Hamlet, dirixida polo actor e director Tito Asorey, será presentada desde este venres no Salón Teatro-Centro Dramático Galego (CDG), situado en Santiago de Compostela, onde xa se esgotaron todas as entradas para as súas tres primeiras funcións. Así o asegurou o director do CDG, Fran Núñez, quen falou de “cifras incribles” ao ter en conta que ao redor do 50% dos boletos ata maio xa foran adquiridos.

Ademais, grazas ao programa de mobilidade do propio centro, así como aos autobuses contratados polos concellos, a obra poderá contar co público de 35 municipios distintos, segundo o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil. Doutra banda, Núñez puxo en valor a colaboración coas universidades e con varios centros de secundaria, moi interesados en asistir á obra porque este ano Hamlet figura entre os contidos a examinar na EBAU.

UNHA OBRA ONDE A ACCIÓN PRIMA

“É difícil resumir en poucos minutos algo ao que lle pos tanto amor, tanta paixón, tanta forza, e da que estás tan ben acompañado (…) Así como tamén é difícil trasladar a Hamlet ao século XXI, un século difícil, moi agresivo nas formas e na política, onde parece que o humano está en conflito”, afirma o director da obra, Tito Asorey.

Ademais, asegurou que Hamlet é un texto que fala da necesidade e do impedimento da acción, cuéstionase seguido o mandato de vinganza. Desde a obra, buscan transmitir a mensaxe de cuestionar os mandatos recibidos e de coidado da saúde mental, así como a reivindicación da muller ao incluír a un maior número que na obra orixinal. Así pois, agradeceu as facilidades que lles puxeron desde as instalacións para abordar Hamlet e o “duro” traballo dos dezaseis actores e actrices.

Para o actor principal que interpreta ao protagonista, Alejandro Jato, a intelixencia artificial e as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza para este tipo de formatos. Con todo, destacou a vivacidade do teatro e o “feito histórico” que realizan ao contribuír a que esta arte persista no tempo. Sobre isto falou Fran Núñez, quen atribuíu o feito de que o teatro sobreviva a que a xente “necesita” atoparse, mirarse e compartir unha experiencia en directo que ningunha pantalla pode substituír.

Finalmente, animaron ao público a achegarse a esta proposta escénica que combina ritmo e emoción, con “moita acción”, “diversión”, “certo salvaxismo” e “un punto de traxedia”, nunha reinterpretación que busca sorprender e conectar co espectador contemporáneo.

ÚLTIMAS

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

Un mural no Castiñeiriño visibiliza a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

A rúa do Castiñeiriño conta estes días cun novo mural destinado a dar visibilidade...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...