InicioMOV. SOCIAISUn centenar de persoas mobilízanse en Santiago contra a guerra en Oriente...

Un centenar de persoas mobilízanse en Santiago contra a guerra en Oriente Medio e os ataques de Trump

Realizáronse vinte e dúas mobilizacións pola mesma causa en Galicia e máis de 140 no territorio nacional

Publicado o

Xornal de Compostela

Un centenar de persoas concentráronse este sábado na Praza do Toural, en Santiago de Compostela, para denunciar o que consideran “unha grave violación do dereito internacional” tras os ataques impulsados polos Estados Unidos e Israel en Oriente Medio. A mobilización foi convocada pola plataforma Pararlaguerra.es e desenvolveuse baixo a choiva ao berro de consignas como “Non á guerra”, “A escalada militar só lle serve a Donald Trump”, “Netanyahu e Trump ao tribunal penal” ou “Non nos esquecemos, cada pobo, cada praza, todos somos Gaza”. Durante o acto procedeuse á lectura dun manifesto con motivo do denominado “primeiro día pola paz en Oriente Medio”, no que participaron a representante de Sumar, Eli Cabeza, a secretaria xeral de UXT en Santiago, Marisa Rodríguez, a secretaria de Ordenación do PSdeG, Lara Méndez, e o secretario xeral local socialista Aitor Bouza.

CHAMAMENTO Á DEFENSA DO DEREITO INTERNACIONAL

No manifesto, apoiado por 194 organizacións e arredor de 200 figuras do ámbito cultural, os participantes expresaron o seu apoio ao pobo iraniano e defenderon que debe ser a propia sociedade iraniana quen decida o seu futuro. “Nada xustifica os salvaxes bombardeos de Estados Unidos e Israel nin os asasinatos de centos de inocentes”, sinalaron durante a lectura. Os organizadores cualificaron os ataques como “unha grave ameaza para a humanidade e un perigo para a paz mundial” e fixeron un chamamento a defender o dereito internacional e a avanzar cara a unha “paz xusta” en Oriente Medio, que inclúa tamén “o fin do xenocidio do pobo palestino”.

MOBILIZACIÓNS EN TODA GALICIA E ESPAÑA

A protesta de Santiago formou parte dunha xornada de mobilizacións convocadas en toda España baixo o lema ‘Paremos a guerra en Oriente Medio. Non esquezamos Gaza’. Segundo os organizadores, celebráronse máis de 140 concentracións en todo o Estado, incluíndo 22 localidades galegas como A Coruña, Vigo, Pontevedra ou Ferrol. No caso de Vigo, tamén se deu lectura a unha declaración da Asociación Iraniana polos Dereitos Humanos, na que se condenaron tanto os ataques militares de Estados Unidos e Israel contra Irán como os abusos e masacres atribuídos ao Goberno iraniano. “A guerra debe parar e logo o pobo debe poder cambiar o goberno de Irán”, sinalaron, denunciando tamén que os bombardeos están a afectar zonas civís e vivendas.

ÚLTIMAS

A Xunta dá luz verde ao proxecto de Mallou en Santiago con máis de 3.600 vivendas

O Consello da Xunta aprobou inicialmente o proxecto de interese autonómico (PIA) para desenvolver...

O Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos

O Concello de Santiago asegurou que non ten competencias directas para actuar sobre a...

O Goberno local defende a súa política de vivenda fronte ás críticas do Partido Popular

A concelleira Míriam Louzao respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación da...

A Xunta de Goberno Local aproba novas actuacións urbanísticas e investimentos en equipamentos municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns un conxunto...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...

O Concello reforza a atención á migración ante o aumento de solicitudes de regularización

O Concello de Santiago, a través do departamento de Dereitos e Servizos Sociais, decidiu...