InicioCULTURAO Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival, que se celebrará no Monte do Gozo en xuño, poñerá á venda as entradas por días o 24 de marzo ás 12:00 e reforza a súa proxección internacional

Publicado o

Xornal de Compostela

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical internacional cunha nova edición que xa presenta cifras destacadas antes da súa celebración. A organización confirmou que todos os abonos están esgotados e anunciou a incorporación de DJ Snake ao cartel, completando así a programación prevista para os días 18, 19 e 20 de xuño no Monte do Gozo.

As entradas diarias sairán á venda o martes 24 de marzo ás 12:00 a través da web oficial do evento, segundo informou a organización, que destaca a continuidade dun modelo que combina artistas internacionais, nomes do panorama estatal e propostas galegas.

TRES XORNADAS CUN CARTEL INTERNACIONAL

A primeira xornada, o xoves 18 de xuño, contará como principais reclamos con Katy Perry e Dani Martín, acompañados por outros artistas como Carlos Ares, Lerie Martínez, Barry B, The Molotovs, Michenlo ou Habló Pablo. Nesa mesma xornada tamén haberá programación específica no escenario Son Electro Repsol.

O venres 19 de xuño estará encabezado por Linkin Park, nun regreso á comunidade galega, e pola banda escocesa Biffy Clyro. O cartel complétase con nomes como Hoobastank, Sexy Zebras, Niña Polaca, The Bloody Beetroots (DJ Set), D. Valentino e Corella, ademais da oferta electrónica paralela.

Para o sábado 20 de xuño, a organización confirmou a presenza de DJ Snake, que se suma a artistas como Lola Índigo, Guitarricadelafuente, Afrojack, Sen Senra, Mvrk, Dorian, Carlangas, Ortiga ou Sarria, nunha xornada final centrada en estilos diversos.

Desde a súa creación, o festival mantivo unha evolución continuada en asistencia e proxección. A organización sinala que todas as edicións acadaron o esgotamento dos abonos, unha circunstancia que sitúa o evento como unha das citas musicais con maior demanda no conxunto do Estado.

O evento está impulsado polas promotoras galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise e conta co apoio de diferentes entidades, entre elas Estrella Galicia como patrocinador principal. A súa celebración no Monte do Gozo contribúe á chegada de visitantes procedentes de distintos puntos de Galicia, do Estado e doutros países.

APOSTA POLA SUSTENTABILIDADE E A ENERXÍA RENOVABLE

A organización tamén confirmou a continuidade da colaboración con Repsol como socio enerxético. Segundo indican, empregarase combustible renovable NEXA e enerxía solar para o funcionamento de parte das instalacións do recinto, co obxectivo de reducir o impacto ambiental do festival.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here