InicioMOV. SOCIAISErguer recolle máis de 600 sinaturas para reclamar unha mellora na liña...

Erguer recolle máis de 600 sinaturas para reclamar unha mellora na liña 15 de bus en Santiago

O colectivo estudantil demanda máis frecuencia e puntualidade na conexión co Campus Norte

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O colectivo Erguer iniciou esta mañá unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar ao Concello de Santiago unha mellora na frecuencia e puntualidade da liña 15 de autobús urbano, que conecta o Campus Norte co resto da cidade. Pola mañá, membros da organización instalaron unha mesa informativa na entrada da Facultade de Ciencias da Comunicación, mentres que pola tarde teñen previsto continuar a iniciativa na Residencia Universitaria Burgo das Nacións.

Segundo explicou o colectivo nun manifesto, o funcionamento da liña é “irregular, impuntual e incapaz de atender a demanda”, o que consideran “impropio dunha das liñas esenciais de Compostela”. Erguer denuncia que centos de estudantes sofren atrasos, saturación e cancelacións de buses, o que “dificulta o normal desenvolvemento da súa actividade académica”.

A organización asegura ter recollido máis de 600 sinaturas nunha mañá, o que interpretan como mostra “da preocupación e implicación do estudantado compostelán”. Ante a falta de avances tras manter contactos coa Concellería de Transportes, dirixida por Xan Duro, e coa empresa concesionaria Tussa, Erguer decidiu “pasar á acción” e continuar coa recollida de apoios ata obter compromisos concretos.

Entre as súas demandas, o colectivo solicita duplicar as frecuencias entre as 08:00 e as 09:00 horas en dirección ao Campus Norte, garantir a puntualidade do servizo e incorporar unha saída os domingos pola tarde, cunha frecuencia mínima dunha hora, que facilite o desprazamento do alumnado residente no Burgo das Nacións e no propio campus.

Non imos quedar de brazos cruzados mentres Compostela Aberta ignora unha problemática que afecta cada día á vida de centos de estudantes”, sosteñen dende Erguer, que avanza que continuará impulsando accións ata que “a voz do estudantado sexa escoitada e as súas demandas se convertan en feitos reais”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here