InicioMOV. SOCIAISCompostela acollerá o sábado unha concentración en apoio á Flotilla Sumud Global

Compostela acollerá o sábado unha concentración en apoio á Flotilla Sumud Global

O Movemento Global a Gaza – Galiza convoca unha mobilización ás 12:00 na Praza do Toural para denunciar o bloqueo a Palestina e mostrar solidariedade co pobo gazatí

Publicado o

Xornal de Compostela

O Movemento Global a Gaza – Galiza convocou para o vindeiro 30 de agosto unha concentración en Santiago de Compostela, que terá lugar ás 12:00 na Praza do Toural, co obxectivo de denunciar a situación que vive a poboación palestina e apoiar a saída da Flotilla Sumud Global, prevista para o 31 de agosto desde diferentes portos internacionais.

A mobilización insírese nunha xornada de accións simultáneas en diversas cidades e vilas galegas. Desde a organización convocante denuncian que a comunidade internacional está a presenciar “en directo un xenocidio”, no que resultan afectadas de maneira directa familias enteiras, hospitais, escolas, persoal sanitario e xornalistas. Critican tamén a “complicidade de gobernos europeos e institucións internacionais, que manteñen relacións comerciais e militares co Estado de Israel mentres a infancia palestina é obxectivo do terror”.

A Flotilla Sumud Global estará formada por ducias de embarcacións con tripulacións procedentes de 44 países. O seu propósito é romper o bloqueo marítimo imposto a Gaza e entregar axuda humanitaria, ao tempo que se visibiliza o apoio internacionalista á causa palestina.

“O 30 de agosto, Galiza sairá á rúa para dicir que Palestina non está soa”, sinalan desde o Movemento Global a Gaza – Galiza, que chama á participación cidadá e das organizacións sociais, sindicais, culturais e políticas compostelás. A plataforma pide tamén manter a atención durante a viaxe da flotilla, ante a posibilidade de sabotaxes ou ataques.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here