InicioMOV. SOCIAISASPAS culmina o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa con máis...

ASPAS culmina o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa con máis de 150 participantes

A asociación compostelá celebra unha iniciativa de convivencia e inclusión para visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual

Publicado o

Xornal de Compostela

Baixo o lema ‘Pasiño a pasiño… acadando metas’, a Asociación ASPAS completou con éxito o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa, entre Ferrol e Compostela. A entidade, formada por familias de persoas con discapacidade intelectual, promoveu esta actividade como un espazo de convivencia, superación e visibilización das capacidades do colectivo, nun itinerario que percorreu os 113 quilómetros desta ruta xacobea ao longo das fins de semana de abril e maio.

Durante sete etapas, unha media de 65 persoas por xornada, con e sen discapacidade, participaron nesta camiñada. A derradeira etapa, celebrada o venres 31 de maio, reuniu a 158 camiñantes, que partiron desde A Sionlla ás 10:00 da mañá e foron sumándose ao longo do traxecto ata chegar á Praza do Obradoiro, onde foron recibidos por familiares e amizades nun ambiente cargado de emoción.

A organización proporcionou camisetas conmemorativas, avituallamento, vehículos de apoio e autobuses dende Santiago, para garantir que todas as persoas puidesen completar cada etapa nas mellores condicións posibles. O xantar de confraternización final, na Carballeira de San Lourenzo, reuniu a máis de 150 persoas, pechando cun ambiente festivo unha iniciativa que tivo como eixo central a inclusión.

Segundo fontes da asociación, esta actividade supón un dos momentos máis importantes do calendario anual de ASPAS, pero non será o último. O vindeiro 20 de setembro, a entidade organizará en Narón a representación do musical inclusivo ‘Peter Voamos!!’, que contará con 50 actores con discapacidade intelectual e máis de 30 músicos e bailarinas novas da contorna compostelá. Con este novo proxecto, ASPAS reafirma o seu compromiso coa inclusión a través de iniciativas culturais que dan visibilidade e protagonismo ás persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Os edís non adscritos de Santiago descartan a moción de censura e anuncian novas liñas de traballo centradas na taxa turística e nos fondos...

Os catro concelleiros non adscritos do Concello de Santiago —Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago terá conexión directa con Nova York en maio de 2026 con United Airlines

O aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro de Santiago de Compostela contará cunha conexión directa con...

Traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago convocan folga o 20 de outubro contra o ERE da compañía

Os traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro irán á folga o...

O socialista Bouza denuncia que Rueda “castiga a Santiago” e reclama un centro de saúde para Conxo

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, denunciou que as obras no...

Traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago convocan folga o 20 de outubro contra o ERE da compañía

Os traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro irán á folga o...

O Concello de Santiago expresa o seu apoio á ‘Flotilla a Gaza’ e reclama o fin do “xenocidio contra o pobo palestino”

O Concello de Santiago celebrou hoxe un acto de recepción oficial a Sandra Garrido...

O Concello e a AECC lanzan unha nova edición das ‘Rutas Saudables’ para fomentar a actividade física en Santiago

O Concello de Santiago e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) presentaron este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here