InicioMOV. SOCIAISUCIN alerta do aumento da delincuencia en Santiago e pide máis vixilancia

UCIN alerta do aumento da delincuencia en Santiago e pide máis vixilancia

O partido reclama ao Concello medidas urxentes ante o incremento de roubos e conflitos nocturnos na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) expresou a súa preocupación polo incremento da delincuencia en Santiago de Compostela e instou ao Concello a reforzar as medidas de seguridade. O partido sostén que nos últimos meses aumentaron os roubos en vehículos e os conflitos nocturnos, o que, segundo afirman, xerou unha sensación de inseguridade na cidade.

Segundo os datos do Ministerio do Interior, entre xaneiro e setembro de 2024, a criminalidade en Santiago aumentou un 3,5 % respecto ao mesmo período de 2023. En particular, UCIN destaca como “especialmente preocupante” a suba dos delitos de lesións e riñas tumultuarias, que, segundo indican, seguen crecendo.

O portavoz de UCIN, José Luis Calo, manifestou a súa preocupación pola situación actual e advertiu sobre o impacto que pode ter na vida cotiá dos composteláns. “Non concebimos que os nosos fillos teñan medo de saír á rúa e ser asaltados en pleno centro da cidade”, afirmou, esixindo ao goberno municipal que tome medidas para deter o incremento da delincuencia.

DEMANDAS AO CONCELLO

Para facer fronte a esta situación, UCIN solicita ao goberno local a activación do sistema de cámaras de vixiancia na cidade para mellorar a supervisión en espazos públicos e un aumento do número de efectivos policiais, tanto da Policía Local como da Nacional, para reforzar a seguridade en rúas e barrios.

Desde UCIN subliñan que “é urxente” que o Concello actúe para previr situacións de risco e garantir a tranquilidade da cidadanía. O partido tamén fai un chamamento á colaboración entre administracións para dotar de máis recursos ás forzas de seguridade e “reverter a tendencia actual antes de que a situación empeore”.

Polo momento, o goberno municipal non se pronunciou sobre estas demandas, pero o debate sobre a seguridade cidadá segue a ser unha das principais preocupacións en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here