InicioMOV. SOCIAISXornal de Compostela abandona a rede social X

Xornal de Compostela abandona a rede social X

Publicado o

Xornal de Compostela

Xornal de Compostela, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter pola deriva autoritaria detectada nesta plataforma tras a chegada de Elon Musk.

Polo tanto,  Xornal de Compostela deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita.

A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense, é incompatible con que dirixa unha rede social da magnitude de X. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente.

A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023, X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación. De feito, desde entón, multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia

OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE

A decisión de Xornal de Compostela ou Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa ixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, a pesar dos milleiros, millóns de seguidores que teñen nelas.

Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como “medios de comunicación afiliado ao Estado”.

En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un “aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos” para deixar esta plataforma.

MÁIS REACCIÓNS

Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago adapta o proxecto de reurbanización de Castrón Douro para recuperar a rasante orixinal da rúa

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou a adxudicación do contrato para redactar...

Xulgado un home por estafar a un veciño de Santiago na venda dunha autocaravana

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro xoves 17 de...

O PSdeG denuncia o “estado lamentable” do río Sar á altura da Ponte do Sar

A concelleira socialista Marta Abal denunciou este domingo o “estado lamentable” do tramo do...

Raxoi prepara unha nova solicitude tras recibir o seu recurso para declarar a cidade zona tensionada o ‘non’ da Xunta

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas desestimou o recurso presentado polo Concello de Santiago para ser...

Claman nas rúas de Compostela contra o sacrificio de tres cans no refuxio de Bando

Decenas de persoas participaron na mañá deste sábado nunha protesta en Santiago de Compostela...

Traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago convocan folga o 20 de outubro contra o ERE da compañía

Os traballadores de Ryanair no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro irán á folga o...

O Concello de Santiago expresa o seu apoio á ‘Flotilla a Gaza’ e reclama o fin do “xenocidio contra o pobo palestino”

O Concello de Santiago celebrou hoxe un acto de recepción oficial a Sandra Garrido...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here