InicioMOV. SOCIAISXornal de Compostela abandona a rede social X

Xornal de Compostela abandona a rede social X

Publicado o

Xornal de Compostela

Xornal de Compostela, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La Vanguardia, deixa a rede X, antes Twitter pola deriva autoritaria detectada nesta plataforma tras a chegada de Elon Musk.

Polo tanto,  Xornal de Compostela deixará de publicar tuits de forma directa na rede social X e deixará en suspenso as súas contas. Desde a chegada do magnate Elon Musk, esta rede é un altofalante das teorías da conspiración, de noticias falsas e unha plataforma claramente virada a posicións populistas, racistas e vinculadas á ultradereita.

A decisión coincide co anuncio de Donald Trump de nomear a Elon Musk como asesor para un Departamento de Eficiencia do Goberno (DOGE), co obxectivo de facer recortes na administración estadounidense, é incompatible con que dirixa unha rede social da magnitude de X. Ese nomeamento político situa a Musk ao carón dos que defenden deportacións masivas e despidos de funcionarios que non son afins as teorías conspiranoicas do futuro presidente.

A adquisición de X en outubro do 2022 supuxo xa o despedimento masivo de traballadores que incluíu a supresión do departamento que moderaba os contidos. Os grandes anunciantes que tiña a plataforma abandonárona hai xa tempo. En maio do 2023, X abandonou un programa coa UE para a loita contra a desinformación. De feito, desde entón, multiplicouse a presenza de bots que axudan a propagar a desinformación, tal como aconteceu durante a recente traxedia de Valencia

OUTROS MEDIOS TAMÉN ABANDONAN ESTA REDE

A decisión de Xornal de Compostela ou Galicia Confidencial, que xa viña sopesando esta decisión desde hai algún tempo, coincide coa que xa ixo pública o diario inglés The Guardian e La Vanguardia entre outros medios. Ambos os dous medios de comunicación consideran que permanecer nesta plataforma ten máis efectos negativos que positivos, a pesar dos milleiros, millóns de seguidores que teñen nelas.

Previamente xa anunciaran a súa marcha a National Public Radio (NPR), unha organización de medios de comunicación estadounidense sen ánimo de lucro, e a prestixiosa televisión pública de Estados Unidos PBS, que abandonaron X despois de que a rede social as etiquetou como “medios de comunicación afiliado ao Estado”.

En datas recentes tamén abandonaron a súa presenza en X o Festival de Cinema de Berlín, e outras institucións como o corpo de policía do norte de Gales, que sinalou que estar nesta rede social non era coherente cos seus valores éticos, e o hospital ortopédico Royal National, que argumentou un “aumento do volume de discursos de odio e comentarios abusivos” para deixar esta plataforma.

MÁIS REACCIÓNS

Ademais de medios de comunicación, recoñecidos articulistas e persoas vinculadas ao mundo das artes decidiron tamén abandonar esta rede social. Polo momento, dirixentes políticos e partidos da esquerda, nacionalistas ou independentistas non manifestaron a súa decisión de deixar unha rede dominada por un magnate ultra e populista.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here