InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOViaqua inicia as obras dun sistema de drenaxe sostible no Polígono do...

Viaqua inicia as obras dun sistema de drenaxe sostible no Polígono do Tambre

As actuacións, enmarcadas no proxecto europeo WATERUN, buscan reducir as inundacións e eliminar contaminantes na auga de escorras urbana en Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto europeo WATERUN, orientado á xestión eficiente e sostible da auga de escorras urbana, continúa o seu desenvolvemento en Santiago de Compostela coa implementación de novas medidas para mitigar as inundacións e evitar a contaminación das augas fluviais. Viaqua, como un dos socios deste proxecto, en colaboración co Concello de Santiago e a Asociación Área Empresarial do Tambre, comezará a principios de setembro a construción dun Sistema de Drenaxe Urbana Sostible (SuDS) no Vial de Ptolomeo.

Este novo SuDS consiste nunha unidade de filtración activa que combina capas de area, grava e fitotratamento, permitindo a permeabilización da auga de escorras ao mesmo tempo que retén contaminantes como hidrocarburos, microplásticos e outras partículas. Segundo explicou Sergio Santorio, xestor do proxecto, este sistema é descentralizado, de baixo custo de mantemento e presenta un impacto ambiental mínimo, ao non precisar enerxía eléctrica nin a adición de reactivos para o tratamento da auga.

Durante as obras, que afectarán a circulación na zona, cortarase o tráfico en dous carrís: un na rúa Vía Edison e outro no propio Vial de Ptolomeo, o que impedirá a entrada de vehículos desde Vía Edison a Vía Ptolomeo.

Ademais desta intervención, no marco do proxecto WATERUN tamén se instalou recentemente un sistema de drenaxe urbana sostible no polígono da Sionlla, e estase a traballar na creación dun humidal de tratamento da auga de escorras na mesma área.

O proxecto WATERUN, financiado polo programa Horizon Europe cun orzamento de 3,9 millóns de euros, involucra a 14 entidades de 8 países diferentes, incluíndo a Universidade da Coruña, a Dublin City University (Irlanda) e a Technische Universitat Berlin (Alemaña), entre outros.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

A folga xeral deixa seis voos cancelados no aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou seis cancelacións de voos este mércores na...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here