InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

A convocatoria dispón de 90.000 euros e permitirá financiar actuacións de acondicionamento, mobiliario, reparacións e melloras da imaxe dos establecementos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente aos locais comerciais da Cidade Histórica, unha liña coa que se pretende apoiar intervencións no interior dos establecementos e favorecer tanto a actualización da súa imaxe como a súa integración no contorno urbano.

A convocatoria conta cunha dotación global de 90.000 euros e establece que os investimentos que opten ás subvencións deberán alcanzar, como mínimo, os 1.000 euros. Pola súa banda, cada beneficiario poderá recibir unha achega máxima de 10.000 euros.

Segundo informou o organismo compostelán, o período para tramitar as peticións comezará este sábado e manterase aberto ata o 13 de outubro, prazo no que as persoas e entidades interesadas deberán presentar a documentación correspondente.

A nova liña está dirixida a persoas traballadoras autónomas, pequenas e medianas empresas, cooperativas, sociedades civís e comunidades de bens, ademais doutras unidades económicas que carezan de personalidade xurídica. Como requisito, deberán desenvolver unha actividade comercial ou de servizos aberta ao público nun establecemento permanente situado dentro do ámbito da Cidade Histórica de Santiago.

Entre os investimentos que poderán acollerse ás axudas figuran as obras de adecuación, reforma e habilitación dos locais, sempre que estean relacionadas coa mellora das instalacións e coa súa presentación comercial.

A convocatoria permitirá igualmente financiar a compra de mobiliario expositivo necesario para o funcionamento do negocio, sempre que se destine de forma exclusiva ás zonas de exposición e venda dos produtos ou servizos do establecemento.

Ademais das intervencións de maior alcance no interior dos negocios, tamén serán subvencionables reparacións de carácter simple e actuacións de decoración ou ornamentación, coa condición de que estes traballos non impliquen modificacións na estrutura construtiva do inmoble.

ÚLTIMAS

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here