InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAs non adscritas instan o Goberno de Santiago a aclarar o estado...

As non adscritas instan o Goberno de Santiago a aclarar o estado dos novos pregos de zonas verdes

Mila Castro reclama planificación para garantir a continuidade do servizo de mantemento e a actualización das condicións laborais

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita Mila Castro anunciou que o seu grupo formulará unha interpelación ao Goberno local para coñecer o grao de avance na elaboración dos novos pregos do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo municipal de Santiago de Compostela.

Segundo lembraron as edilas nunha nota remitida aos medios, o contrato actualmente en vigor foi renovado en setembro de 2021 cunha duración de tres anos e dúas posibles prórrogas. Unha vez esgotadas esas opcións, o servizo finalizará o 31 de agosto de 2026, polo que consideran necesario activar con antelación o procedemento para a súa substitución.

Castro cualificou de “imprescindible” que o executivo municipal detalle en que punto se atopa a redacción dos novos pregos e cal é o calendario previsto tanto para a súa aprobación como para a posterior licitación. A edil advertiu de que os atrasos producidos noutras contratacións municipais “obrigan a extremar a planificación para evitar situacións de urxencia que poidan afectar á continuidade do servizo; o mantemento dos parques e zonas verdes e ás condicións laborais do persoal”.

A concelleira tamén solicitou información sobre as posibles modificacións que se incluirán no novo contrato. En concreto, interesouse polas melloras previstas en materia de calidade do servizo, criterios de sustentabilidade ambiental e garantías vinculadas aos dereitos laborais do persoal adscrito á prestación.

No ámbito laboral, Castro fixo referencia á situación do convenio colectivo do sector da xardinaría, que, segundo sinalou, permanece bloqueado tras meses de negociación coa empresa adxudicataria. A este respecto, advertiu de que, no caso de non existir un novo acordo antes do peche dos pregos, “podería elaborarse un estudo económico desaxustado á realidade, sen recoñecer os custos laborais actualizados”.

ÚLTIMAS

Santiago reivindica a figura de Rosalía de Castro no 189 aniversario do seu nacemento

A cidade de Santiago conmemorou este 23 de febreiro o 189 aniversario do nacemento...

O PP rexeita cambiar o nome do CEIP Apóstolo Santiago

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, manifestou este luns o rexeitamento...

O PSdeG solicitará información á alcaldesa sobre o mantemento dos muros municipais tras o derrubamento en Bonaval

O Grupo Municipal Socialista levará ao vindeiro Pleno municipal deste xoves unha pregunta dirixida...

José Manuel Sabucedo, novo presidente da Asociación de Profesores Eméritos da USC tras a renovación da xunta directiva

A asemblea xeral da Asociación de Profesores Eméritos da Universidade de Santiago de Compostela...

Santiago inicia a avaliación das propostas para transformar o Conector Central da cidade

A sala de usos múltiples da á sur do Museo do Pobo Galego acolleu...

Representantes políticos e o Arcebispado apostan por impulsar o coñecemento do ‘Panteón de Galegos Ilustres’ en Santiago

O Panteón de Galegos Ilustres, situado na igrexa de Igrexa de San Domingos de...

Goretti Sanmartín celebra no Museo das Peregrinacións o regreso das estatuas de Carboeiro e reclama a devolución doutras pezas espoliadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá no acto de presentación das...