InicioSOCIEDADEJosé Manuel Sabucedo, novo presidente da Asociación de Profesores Eméritos da USC...

José Manuel Sabucedo, novo presidente da Asociación de Profesores Eméritos da USC tras a renovación da xunta directiva

A entidade aposta por visibilizar o papel do profesorado emérito na investigación, a docencia e a asesoría académica nun novo mandato de dous anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A asemblea xeral da Asociación de Profesores Eméritos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) renovou en sesión extraordinaria a súa xunta directiva. Tras a presentación de candidaturas, o catedrático de Psicoloxía Social José Manuel Sabucedo Cameselle foi elixido por consenso como novo presidente. O novo equipo estará integrado por Juan Manuel Viaño Rey (Matemáticas Aplicadas) como vicepresidente; Teresa Fanego Lema (Filoloxía Inglesa) como secretaria; Laura Sánchez Piñón (Xenética) como tesoureira; e Juan Luís Barja Pérez (Microbioloxía), Adriana Gewerc Barujel (Didáctica e Organización Escolar) e Eugenio Uriarte Villares (Química Orgánica) como vogais.

Segundo destacou a USC nunha nota de prensa, a nova directiva pretende durante o seu bienio de xestión “consolidar os fins estatutarios e o labor desenvolvido polos membros fundadores”, poñendo especial énfase en visibilizar a achega do profesorado emérito nas actividades de investigación, docencia e asesoramento académico. A Asociación de Profesores Eméritos foi rexistrada na Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta en xuño de 2019. Na actualidade conta con 51 profesores eméritos contratados e outros 52 que, tras rematar o seu período contractual, manteñen actividade e vínculo científico coa USC, contribuíndo ao desenvolvemento académico e investigador da institución.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...