InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAs andainas de 'Revelando Compostela' explorarán en outubro o camiño da auga...

As andainas de ‘Revelando Compostela’ explorarán en outubro o camiño da auga cara ao mar

O programa municipal ofrece catro percorridos a pé e unha ruta en bicicleta, con inscricións abertas desde o 29 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago anunciou a posta en marcha da proposta ‘Nas sendas da Auga’, incluída no programa ‘Revelando Compostela’, que este mes de outubro permitirá coñecer como discorre a auga da cidade ata desembocar no mar. A actividade inclúe cinco roteiros guiados, catro a pé e un en bicicleta, con prazas limitadas.

As inscricións abriranse o luns 29 de setembro, e poderán realizarse de forma presencial na Casa das Asociacións de Cornes ou a través do teléfono 981 542 350. Cada percorrido contará cun máximo de 30 prazas.

O calendario de outubro arrinca o día 4, cunha andaina polo val da Grixoa, con saída desde o centro sociocultural da parroquia. O 9 de outubro será a quenda do coto do Son, cun itinerario que partirá do local sociocultural da Gracia.

A seguinte referencia será a ría de Arousa. O 18 de outubro programouse un percorrido polo monte de Godos e os mananciais da Ulla, con saída desde o local sociocultural de Bando; mentres que o 23 de outubro a proposta levará ás persoas participantes polos humidais dos Montes de Vite, partindo da Casa Agraria de Meixonfrío.

O ciclo completarase cun roteiro en bicicleta o 12 de outubro, que percorrerá os montes da cidade entre o local sociocultural de Aríns e a Casa Agraria.

Esta nova edición de ‘Revelando Compostela’ busca achegar a veciñanza ao patrimonio natural vinculado á auga, combinando divulgación e actividade física en diferentes contornas da capital galega.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Santiago prevé iniciar en 2027 o reparto de mercadorías mediante a plataforma loxística da cidade histórica

O Concello de Santiago de Compostela prevé que a nova plataforma loxística de distribución...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here