InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO xulgado paraliza a venda forzosa de varios inmobles por parte do...

O xulgado paraliza a venda forzosa de varios inmobles por parte do Concello de Santiago

O goberno local estudará o auto xudicial e ten intención de recorrelo

Publicado o

Xornal de Compostela

O xulgado de Santiago de Compostela paralizou a venda forzosa de varios inmobles inscritos no Rexistro de Soares que o Concello da capital galega aprobou en xunta de goberno o pasado 10 de marzo e para a que xa se presentaron varias ofertas.

Nun auto con data do pasado 16 de maio, o Xulgado Contencioso Administrativo número dous da cidade acepta o recurso interposto polos propietarios e acorda suspender cauletarmente o acordo da xunta de goberno local. En concreto, no mes de marzo o goberno municipal acordou a venda forzosa mediante poxa pública de catro inmobles da cidade histórica inscritos no citado rexistro e aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexían o procedemento que buscaba promover a rehabilitación, recuperación e reutilización do patrimonio abandonado.

Tras coñecerse o auto do xulgado, adiantado por ‘La Voz de Galicia’, o Concello de Santiago destacou que as medidas para garantir a función social da propiedade “son sempre moi contestadas” e que “raramente son pacíficas”. Con todo, avanza que o goberno local “seguirá facendo todo o que estea na súa man” para que os edificios abandonados se rehabiliten e utilicen, sobre todo os que levan décadas nesa situación. O goberno local estudará o auto xudicial e ten intención de recorrelo.

O CONCELLO PREVÉ RECORRER O AUTO

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou que o Concello prevé recorrer o auto e considerou que hai “elementos suficientes” para o proceso “siga adiante”. Preguntada respecto diso nun acto este mércores en Santiago, a rexedora sostivo que “sempre ocorre o mesmo” cando se quere facer esa “funcionalidade social da propiedade”. “Moitas veces aparecen problemas e o que temos que facer é examinar con calma ese auto xudicial e tomar medidas na liña de poder recorrelo”, afirmou.

A alcaldesa destacou que o seu goberno quere “seguir adiante” tendo en conta que entende que hai cuestións importantes que resolver sobre a cantidade de edificios en ruínas que existen na cidade. “Estamos en fase de estudo, mirarémolo, respectando as decisións xudiciais pero tamén recorrendo na medida na que cremos que hai elementos suficientes para que o proceso siga adiante”, trasladou.

A rexedora lembrou que se trata duns edificios que xa foron xudicializados no seu día e que xa houbo “unha razón” para o Concello. “Creo que edificios que están en ruínas desde 2010-2011 ten toda a razón do mundo que poidan estar nese Rexistro de Soares”, incidiu para subliñar que a intención do Concello é “recorrela”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...

O Goberno aproba a prórroga do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago para completar as actuacións previstas

O Consello de Ministros aprobou a modificación e prórroga de oito convenios correspondentes á...