InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Bosque de Galicia presenta a escultura 'Paternidade' de Ramón Conde no...

O Bosque de Galicia presenta a escultura ‘Paternidade’ de Ramón Conde no Monte Gaiás

A obra amplía a colección artística do Bosque de Galicia, enmárcase na relación entre arte e natureza

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou esta mañá no Monte Gaiás a escultura Paternidade, do artista Ramón Conde. A peza, feita en bronce e cun peso de 120 quilogramos, pasa a formar parte do Bosque de Galicia, un conxunto de intervencións artísticas que enriquecen os espazos exteriores do complexo cultural.

Na súa intervención, López Campos destacou o traballo realizJosé Lópezado para integrar arte no gran pulmón verde de Santiago de Compostela. “A Cidade da Cultura aposta por nutrir os seus espazos exteriores con creacións que complementen as corenta hectáreas de natureza que conforman o Gaiás”, subliñou o conselleiro.

A escultura Paternidade de Ramón Conde reflicte un mecanismo básico da natureza: a necesidade de protección para que a vida nova poida saír adiante. A peza representa a figura dun pai que abraza ao seu fillo, evocando o contraste entre fortaleza e fraxilidade. O propio artista explicou que a obra está inspirada na súa experiencia persoal como pai e fillo, facendo desta temática unha constante na súa traxectoria artística.

O acto de presentación contou coa participación de Ramón Conde, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Todos subliñaron a importancia de combinar arte e natureza nun espazo que, como o Monte Gaiás, xoga un papel fundamental na vida de Santiago e na súa interacción cos seus habitantes.

PEZAS DO BOSQUE DE GALICIA

A escultura de Conde súmase a un conxunto de obras de arte que adornan os espazos exteriores do Gaiás, como parte da colección do Bosque de Galicia, un espazo onde se integran diferentes intervencións artísticas no entorno natural. Estas pezas, en moitos casos de artistas galegos, buscan crear unha simbiose entre a natureza e a arte contemporánea.

Entre as creacións máis destacadas do Bosque de Galicia atopamos Espellos, de Manolo Paz, que ofrece unha visión única de Santiago, ou Zapatos no Camiño, de Francisco Leiro, que establece un diálogo coa Vía da Prata. A artista Clara Montoya tamén deixara a súa pegada no Gaiás coa obra Constelacións II, que permite observar as estrelas mentres se escoita o son da terra a través de asentos con autofalantes incorporados.

Outras intervencións relevantes son O prisma dos sentidos, de Acisclo Manzano; Deixa aquí os teus medos, de Alicia Framis; e Metáforas: pegadas dun percorrido, de Alexandra R. Rey e Thomas Apostolou.

Este proxecto de arte pública dentro do Monte Gaiás non só permite ao público gozar de experiencias artísticas únicas, senón que tamén contribúe ao coidado e expansión do espazo natural. No complexo medran xa máis de doce mil árbores de especies autóctonas, e conta con redes de sendas, miradoiros, lagos, áreas de xogo infantil, pistas de BMX e un labirinto que engaden atractivos ao complexo.

ÚLTIMAS

Un incendio duns colchóns baixo a cafetaría da Alameda mobiliza aos servizos de emerxencia

Un pequeno incendio rexistrado na noite deste venres baixo a cafetaría da Alameda de...

O reto que se autoimpón a nova reitora da USC: determinar áreas para incorporar e formar persoal “de forma urxente”

A Universidade de Santiago de Compostela terá por primeira vez nos seus 531 anos...

Marta Abal critica a xestión do Goberno local no contrato da auga e fala de “tres anos perdidos para Santiago”

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela criticou a xestión do Goberno local...

O PSOE denuncia o “deixamento” do Goberno local co patrimonio escultórico de Santiago e pide actuar no conxunto de Leopoldo Nóvoa en Bonaval

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago Marta Abal denunciou o que cualificou...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here