InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOFísica Ciborg organiza en Santiago unha ruta científica e un obradoiro histórico...

Física Ciborg organiza en Santiago unha ruta científica e un obradoiro histórico durante a Semana da Ciencia

Dúas actividades abertas ao público permitirán descubrir a ciencia na historia e os experimentos do século XIX

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto Física Ciborg, organizado polas Universidades de Santiago de Compostela e de València, ofrecerá a próxima semana en Compostela dúas actividades gratuítas dentro da Semana da Ciencia 2024. Trátase dunha ruta científica pola cidade e dun obradoiro histórico de experimentos, ambas cun enfoque didáctico e histórico. As actividades son de libre acceso, aínda que con límite de aforo, e están pensadas para mocidade e público xeral interesado en ciencia e historia.

A ruta científica, que terá lugar o luns 11 de novembro, contará con dúas sesións ás 10:00 e ás 18:00 horas. O punto de partida será na Praza da Universidade, desde onde se fará un percorrido a través do centro histórico ata a Facultade de Física da USC no Campus Sur. Segundo informan dende a organización do proxecto, a actividade busca presentar Santiago “dende unha nova óptica”, observando os cambios científicos e tecnolóxicos que configuraron a cidade desde o século XIX ata a actualidade. Durante a ruta, destacaranse espazos como antigos laboratorios, observatorios e boticas, analizando as prácticas científicas e o contexto histórico en que xurdiron, abordando aspectos sociais, económicos e culturais.

O martes día 12, tamén en sesións de mañá e tarde, a Facultade de Física da USC acollerá un obradoiro práctico onde os asistentes poderán reconstruír instrumentos históricos utilizando materiais modernos. A actividade está enfocada a participantes maiores de 15 anos e contará coa creación dunha réplica dun sacarímetro do século XIX (utilizado para medir concentracións mediante polarización) e a reprodución do famoso experimento dos hemisferios de Magdeburgo. Este obradoiro permite afondar en conceptos fundamentais como a polarización, o baleiro, e a reprodución experimental.

Para ambas as actividades, é necesario reservar praza previamente mediante a súa páxina web https://fisicaciborg.blogs.uv.es/o-proxecto/

ÚLTIMAS

A Policía investiga un novo roubo na tenda de Apple da avenida de Barcelona

A Policía Nacional de Santiago de Compostela abriu unha investigación para esclarecer un roubo...

CompostELA chega a Santiago con 70 peregrinos para dar visibilidade á ELA

Un grupo de 70 integrantes de CompostELA chegou este xoves a Santiago de Compostela...

Rozas defende que Santiago xestione directamente os fondos estatais de vivenda

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, defendeu que o Concello poida xestionar...

O Compostela Street regresa ao Campus Sur con tres días de deporte, arte urbana e concertos

O Compostela Street celebrará a súa segunda edición os días 18, 19 e 20...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

A Semana do Patrimonio Invisible abrirá o Convento do Carme e As Orfas entre máis de 700 prazas en Compostela

Santiago de Compostela volverá abrir durante unha semana algunhas das portas que habitualmente permanecen...

O Concello limpa a Rocha Forte e prepara un contrato plurianual para o mantemento do xacemento

O Concello de Santiago completou este verán unha nova actuación de roza, limpeza e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here