InicioECONOMÍAA USC convoca axudas de manutención para o curso 2024-25 cun orzamento...

A USC convoca axudas de manutención para o curso 2024-25 cun orzamento de 520.000 euros

O prazo para solicitar os bonos de comedor estará aberto ata o 17 de outubro e permitirá obter menús diarios ou para levar

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela acaba de abrir a convocatoria de axudas de manutención para o curso 2024-25, que busca sufragar parcialmente os gastos de alimentación do estudantado mediante a emisión de bonos de comedor. Estes bonos serán intercambiables por un menú diario durante a franxa horaria do mediodía, con opcións adicionais de menús para levar de luns a xoves ou incluso dous os venres, en días lectivos conforme ao calendario escolar.

A universidade destina 520.000 euros a esta medida, un lixeiro incremento con respecto ao curso anterior. A iniciativa, que se iniciou en 2020 debido á crise da COVID-19, mantense vixente pola persistencia da crise económica e a escalada de prezos que afecta a produtos básicos. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 17 de outubro de 2024 e o procedemento completo pode consultarse na páxina web oficial da USC.

Estas axudas están dirixidas ao estudantado matriculado en graos ou mestrados oficiais no curso 2024-25. Entre os requisitos destacan non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos actuais e formalizar unha matrícula mínima de 30 créditos, ou ben os créditos necesarios para finalizar os estudos de grao. Ademais, para optar ás axudas, a Renda Persoal Dispoñible (RPD) non poderá superar os 9.000 euros. Excepcionalmente, poderán presentarse solicitudes de estudantes con ingresos superiores a esa cifra se xustifican situacións económicas ou laborais graves acontecidas tras o ano 2023.

O estudantado que se atope nun programa de mobilidade tanto nacional como internacional non poderá participar nesta convocatoria. Para aclarar dúbidas sobre o procedemento, os interesados poden dirixirse ao correo xerencia.axudas@usc.gal.

ÚLTIMAS

O estudantado e persoal docente mobilízase ante o Parlamento para reclamar a continuidade do Máster en Matemáticas da USC

Estudantes, docentes e investigadores da USC mobilizaranse mañá diante do Parlamento de Galicia para reclamar...

Traballadoras de residencias claman por un convenio “digno”: ‘Fabiola, covarde, a xente está que arde’

Decenas de traballadoras de residencias privadas de maiores e do Servizo de Axuda no...

Un movemento veciñal de Santiago oponse ao derrube do antigo Peleteiro co apoio do PP

Un novo movemento veciñal xurdido no Ensanche compostelán --que se define como "independente e...

Santiago celebra o Orgullo cun mes cheo de actividades culturais, educativas e reivindicativas

O Concello de Santiago de Compostela vén de anunciar unha nova campaña institucional centrada...

A Xunta rexeita a “xustiza estalinista de dar de baixa en bloque” pisos turísticos e ofrece colaboración a Santiago

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, rexeitou a "xustiza estalinista" de dar de...

A alcaldesa confía en que a Xunta aprobará a declaración de Santiago como zona tensionada de vivenda

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, asegurou este luns que "non ten...

O Concello activa 18 obras para mellorar a accesibilidade e anuncia o corte da Ponte do Sarela en xuño

O Concello de Santiago de Compostela ten en marcha 18 actuacións repartidas por todo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here