InicioECONOMÍAComerciantes da Praza de Abastos amosan preocupación polo plan de restrición de...

Comerciantes da Praza de Abastos amosan preocupación polo plan de restrición de tráfico en Virxe da Cerca

O peche ao tráfico privado na zona xera incerteza entre praceiros e hostaleiros, que temen un impacto negativo nos seus negocios

Publicado o

Xornal de Compostela

O anuncio do Concello de Santiago sobre a convocatoria dun concurso de ideas para reducir o tráfico en Virxe da Cerca suscitou preocupación entre os comerciantes da Praza de Abastos e os hostaleiros da nave 5. Luis Millán, presidente da cooperativa da Praza, sinala que “os primeiros sinais indican un posible problema para o futuro da Praza de Abastos”. Pola súa parte, Ramón Barreiro, portavoz dos negocios hostaleiros da nave 5, destacou ante dos medios de comunicación que a situación xerou unha grande inquietude entre os hostaleiros.

Millán explica que o peche do acceso de vehículos pola tarde xa afectou ao fluxo de clientes. “Dende que non poden pasar, notámolo. A xente que vén de fóra de Santiago deixou de vir”, lamenta. Os praceiros insisten na necesidade de manter os accesos, lembrando o esforzo investido nas prazas de estacionamento de ORA en San Fiz, que consideran imprescindibles para a supervivencia do mercado.

Os comerciantes advirten que a restrición ao tráfico podería afectar tamén a outros sectores da zona histórica, xa que atraen un gran número de visitantes e compradores. “Non só vén xente de Santiago, senón tamén de fóra. Moitos clientes precisan o coche para transportar as compras”, afirma Millán.

Pola súa banda, Barreiro destacou a necesidade de ofrecer alternativas viables para evitar que a xente deixe de visitar a zona. “Se se limitan os accesos, a xente deixará de vir”, advirte, engadindo que a situación podería “acabar coa Praza” e ter un forte impacto no sector hostaleiro.

A alcaldesa Goretti Sanmartín, pola súa parte, defendeu a proposta do Concello, afirmando que a reforma está “moi reflexionada” e que se baseará en criterios de mobilidade preestablecidos. “Quen teña que ir, que vaia, pero para cruzar a cidade hai outras alternativas”, sinalou Sanmartín durante unha intervención en Radio Voz, destacando que o obxectivo é un urbanismo máis sustentable.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe en Santiago

O Palacio de Congresos acolleu esta tarde unha nova edición do Foro Talentia, un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here