InicioECONOMÍABorja Verea insta ao BNG a aplicar a taxa turística sen escusas

Borja Verea insta ao BNG a aplicar a taxa turística sen escusas

O líder do PP de Santiago critica o cambio de postura do BNG e pide un uso específico da recadación para turismo sostible e servizos

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, expresou hoxe a súa sorpresa pola nova reacción do BNG en relación á taxa turística anunciada o venres pasado. Segundo Verea, “tan só 48 horas tardaron en cambiar de opinión e poñerlle trabas á taxa turística”, un imposto que considera “tan esperado”. O popular acusou ao BNG de “inventar excusas” e de “non estar disposto a xestionar e traballar como é debido”.

En palabras de Verea, “agora que xa se pode aplicar a taxa, deberían estar a traballar para sacala adiante, e se non saben ou non queren, que se boten a un lado. Nós si que podemos e saberemos como facelo”, engadiu. O líder popular reiterou que, de ser el o alcalde de Santiago, desexaría “xestionar os impostos dos veciños” e ter plena competencia sobre o seu destino, criticando ao BNG por “buscar excusas” en lugar de traballar.

Verea tamén lembrou que o PP de Santiago nunca se opuxo á taxa turística, afirmando que o BNG utilizaba a súa postura favorable como “escudo contra a Xunta”. Agora, insta ao goberno local a traballar na súa implementación para principios de 2025, cando se habilitará o imposto, e suxeriu que comecen xa a preparar a súa aplicación.

Con respecto ao destino dos fondos recadados, o líder popular deixou claro que o PP non é partidario de integrar eses cartos no orzamento xeral. “Se de nós dependese, o recadado iría destinado a turismo sostible, programación cultural, limpeza e seguridade“, subliñou Verea.

ÚLTIMAS

O PP propón axudas de ata 80 euros ao mes por fillo para financiar o transporte escolar nos centros concertados

O Partido Popular de Santiago incorporará ás súas propostas para as familias unha axuda...

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here