InicioSANTIAGOA alcaldesa de Santiago confirma a súa asistencia á reunión coa Xunta...

A alcaldesa de Santiago confirma a súa asistencia á reunión coa Xunta para tratar a taxa turística

Goretti Sanmartín mostrouse convencida de que haberá un acordo respecto da taxa turística xa que "a inmensa maioría da poboación de Santiago queren a taxa turística"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que asistirá este venres á reunión na Dirección Xeral de Turismo para tratar a taxa turística.

Desta forma, a rexedora indicou que “non van propor ideas” porque é unha convocatoria que fixo Turismo, polo que “irán escoitar o que teñan que trasladar a Xunta”.

No seu día, lembrou, fixeron unha proposta inicial, cunha proposta lexislativa, sobre a taxa turística tras iso a Administración galega pediu “unha serie de cambios” polo que o Concello fixo unha nova proposta.

Neste sentido, a rexedora compostelá mostrouse convencida de que haberá un acordo respecto da taxa turística xa que “a inmensa maioría da poboación de Santiago queren a taxa turística”.

Así mesmo, este martes, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse aberto á aprobación dunha taxa turística e, na liña dunha mensaxe que xa avanzara nas últimas semanas, subliñou que non ve “inconveniente” en permitir o avance dunha medida deste tipo a nivel autonómico, aínda que remarcou que sería cada concello que a queira o que a instaure e responsabilícese da súa aplicación.

Sanmartín volveu a incidide en que ante unha cuestión de “tanta importancia” o “normal sería” que o presidente da Xunta “convocase unha reunión cando estivese”. Xa que, este venres, reunirase en Madrid co presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

ÚLTIMAS

A USC, por baixo das 500 mellores universidades do mundo

Só 10 universidades españolas sitúanse entre as 500 mellores do mundo, segundo o Ranking Académico...

O Concello reduce ao imprescindible o uso municipal da auga ante a redución continuada do caudal do Tambre

O Concello de Santiago reduciu ao imprescindible o uso municipal de auga e anima...

Buscan ao sospeitoso de provocar un incendio este martes á beira do cemiterio de Boisaca

A Policía Local de Santiago de Compostela busca ao sospeitoso de orixinar un incendio xunto ao...

O CHUS defende o aumento de ambulancias ante as queixas

O complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela (CHUS) defendeu o aumento de ambulancias...

O Concello amplía ata 2026 o prazo do concurso internacional de iluminación da contorna da Catedral

A voceira do goberno municipal, Míriam Louzao, anunciou esta mañá que a Xunta de...

Santiago retira especies exóticas en Pontepedriña para avanzar cara un barrio verde máis resiliente

O barrio compostelán de Pontepedriña está a ser escenario das primeiras actuacións do proxecto...

O Concello de Santiago insiste en que a Xunta ignorou datos clave ao rexeitar a declaración de zona tensionada

O Concello de Santiago considera que a Xunta de Galicia ignorou deliberadamente os argumentos...