InicioECONOMÍAA Xunta solicitará beneficios fiscais para empresas colaboradoras no Xacobeo 2027

A Xunta solicitará beneficios fiscais para empresas colaboradoras no Xacobeo 2027

A Xunta de Galicia solicitará ao Goberno central que inclúa na próxima lei de orzamentos xerais beneficios fiscais e desgravacións para as compañías que colaboren na organización do Xacobeo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia solicitará ao Goberno central que inclúa na próxima lei de orzamentos xerais beneficios fiscais e desgravacións para as empresas que colaboren na organización do Xacobeo 2027. Así o anunciou a Xunta nun comunicado despois de que o presidente galego, Alfonso Rueda, recibise este luns en Pontevedra a insignia de ouro da Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago.

Durante o acto, Rueda destacou o crecemento do Camiño Portugués e a súa variante pola costa, rutas que xa recibiron máis de 125.100 peregrinos no que vai de ano. O presidente galego subliñou a importancia de fomentar un turismo sostible, poñendo de relevo o traballo da Asociación e do albergue de Pontevedra como “un dos mellores escaparates turísticos da Comunidade”.

Rueda tamén mencionou que o Plan Director Camiño de Santiago 2022-2027, cun orzamento de 141 millóns de euros, busca mellorar a rede de albergues públicos, restaurar Bens de Interese Cultural e fomentar a dixitalización do sector turístico de cara ao próximo Ano Santo.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe en Santiago

O Palacio de Congresos acolleu esta tarde unha nova edición do Foro Talentia, un...