InicioSANTIAGOO Concello de Santiago prepara a documentación que presentará á Xunta para...

O Concello de Santiago prepara a documentación que presentará á Xunta para declarar a cidade como zona de aluguer tensionada

Raxoi "tenta avanzar" en realizar un parque de vivendas que poidan ser alugadas a uns prezos módicos, pero iso será "un proceso longo"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que seguen traballando nos estudos solicitados pola Xunta para declarar á capital galega como zona de aluguer tensionada.

Así o apuntou este xoves a preguntas dos medios de comunicación sobre este proceso e ante as críticas dos universitarios na procura de vivenda neste inicio do curso.

“Estamos a pór medidas para facer fronte a iso, pero tamén sabemos onde están a maior parte das competencias. A declaración de mercado tensionado, como xa dixemos máis dunha vez, a propia Xunta podería facela de maneira directa”, esgrimiu a rexedora compostelá.

Pero a Administración autonómica, continuou a rexedora, pide aos concellos diferentes estudos para, “mentres tanto, aprazar o problema”. “Nós estamos a facer eses estudos que se nos solicitan”, asegurou.

Doutra banda, Raxoi “tenta avanzar” en realizar un parque de vivendas que poidan ser alugadas a uns prezos módicos, pero iso será “un proceso longo”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A USC e a Real Academia Galega de Ciencias renden homenaxe a José Antonio Redondo López nun acto ‘in memoriam’

A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade de Santiago de Compostela celebraron...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...