InicioECONOMÍAUn Informe da USC urxe medidas ante a perda de peso industrial...

Un Informe da USC urxe medidas ante a perda de peso industrial en Galicia

Apunta que a economía galega crece "a unha taxa menor" que a española

Publicado o

Xornal de Compostela

O último estudo ‘A Economía Galega. Informe 2023‘, elaborado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Caixa Rural Galega, pon en alerta sobre a perda de peso da industria en Galicia e demanda medidas urxentes para revitalizar este sector. O informe foi presentado polos profesores Dores Riveiro e Melchor Fernández, quen subliñaron a necesidade de reforzar o sector industrial fronte ao crecemento do turismo e os avances na produción de enerxía renovable.

Dores Riveiro destacou a preocupante situación da industria: “Chama a atención como está a crecer o peso, tanto en actividade como en emprego, no turismo pero está a baixar na industria e deberiamos reflotar ese sector industrial”. Ademais, indicou que a economía galega está a crecer a un ritmo menor que a media española, con un crecemento do 1,8% fronte ao 2,5% a nivel nacional.

Por outro lado, o presidente da, Valentín González Formoso, e o director xeral da Caixa Rural Galega, Jesús Méndez Álvarez-Cedrón, resaltaron a posición de Galicia como un territorio clave no ámbito enerxético, destacando o atractivo que isto supón para as empresas por contar con menores custos enerxéticos.

Respecto ao mercado laboral, Melchor Fernández comentou a situación positiva vivida o último ano e salientou varios retos para a rexión, incluíndo a transición enerxética, a dixitalización, e os desafíos demográficos. “A conxunción deste tres retos vai modificar completamente as relacións laborais e temos que estar preparados”, afirmou.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...