InicioECONOMÍAO Sergas licita a compra dunha nova resonancia magnética para o Hospital...

O Sergas licita a compra dunha nova resonancia magnética para o Hospital de Conxo

O novo equipo permitirá mellorar o diagnóstico oncolóxico e incrementar as probas anuais nun 20%

Publicado o

Xornal de Compostela

O Servizo Galego de Saúde publicou no portal de contratación da Xunta a licitación, por importe de 1.476.200 euros, para a subministración dunha nova resonancia magnética para o Hospital de Conxo.

A nova resonancia sitúase dentro da banda tecnolóxica avanzada, ao contar cunha intensidade de campo de 1,5 teslas e ao estar dotada con ferramentas avanzadas que permitirán realizar uns estudos e imaxes con maior rapidez e resolución.

Segundo informou o goberno galego, o equipo, aínda que se usará para todo tipo de exploracións rutineiras dos pacientes da área sanitaria, centrarase no diagnóstico e seguimento dos pacientes oncolóxicos, así como nas exploracións vinculadas ao músculo esquelético.

A compra deste equipamento necesitará a execución dunha serie de obras para acondicionar o espazo no que se instalará, nas que a Xunta investirá 383.270 euros. No seu conxunto, a actuación de mellora suporá un investimento de 1.859.470 euros.

Nesta liña, estiman que o número de estudos anuais que se poderán facer con esta nova resonancia magnética superará os 5.000 ao ano, posibilitando incrementar as probas anuais nun 20%, en comparación co equipamento que ten actualmente o Hospital de Conxo.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe en Santiago

O Palacio de Congresos acolleu esta tarde unha nova edición do Foro Talentia, un...