InicioECONOMÍAO persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A empresa comprométese a aplicar a xornada de 37 horas e media, ampliar horarios para practicamente todo o persoal e conceder dous días de asuntos propios desde o 1 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e pavillóns de Santiago decidiu suspender a folga que tiña convocada durante dez días, despois dos avances acadados coa empresa adxudicataria Lacera para desbloquear as principais reivindicacións laborais. Os traballadores xa acordaran o pasado venres non iniciar inicialmente a folga esta semana, despois de que a empresa os convocase a unha reunión na que se comprometía a abordar a aplicación da xornada de 37 horas e media e a facer efectivas as ampliacións de xornada para o conxunto do persoal.

Segundo explica Paulo Trepado, asesor da CIG, un dos principais atrancos da negociación estaba precisamente neste punto. A pesar de que o Concello de Santiago incrementara a xornada no prego do contrato, transcorreran xa catro meses desde o inicio do servizo sen que a empresa fixese efectivas esas ampliacións. Na reunión celebrada este martes, Lacera comprometeuse a establecer a xornada de 37 horas e media, a facer efectivas as ampliacións de xornada para practicamente todo o persoal e a conceder dous días de asuntos propios, medidas que comezarán a aplicarse a partir do 1 de outubro.

Ante estes compromisos, os traballadores decidiron suspender a folga e continuar co proceso negociador para avanzar no resto das cuestións pendentes. Trepado destaca que se trata dun avance fundamental, tendo en conta que unha parte moi importante do persoal que presta servizo nos pavillóns continúa contratada a tempo parcial. En concreto, os conserxes están contratados actualmente por 30 horas semanais e perciben salarios de arredor de 700 ou 800 euros, a pesar de que o prego do contrato establece a prestación do servizo a xornada completa e fixa os horarios correspondentes a esa dedicación.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...