InicioECONOMÍATraballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Publicado o

Xornal de Compostela

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago, volverá á folga este mes de setembro para reclamar a mellora das súas condicións laborais, unha situación que xa os levou a paros a finais do curso pasado e que, denuncian, continúa sen solucionarse.

Así o anunciou o representante da CIG Paulo Rubido, nunha rolda de prensa na que volveu a explicar que este é “clarísimamente o contrato máis precario” de Santiago de Compostela e que se desenvolve en “situación anómala”. A pesar do incremento orzamentario do concello para este contrato, que “case triplicou a dotación”, as condicións que aplica a empresa “seguen sendo as mesmas”, denuncia. “Cando se realizou a adxudicación atopámonos cunha empresa que se negou a negociar connosco, alegou que a oferta non chegaba para cubrir esa demanda de mellora”, explicou Paulo Rubido.

Os traballadores realizaron tres xornadas de folga no mes de xuño e durante o verán abriuse “un proceso de negociación” no que a empresa “se comprometeu de forma tácita a aplicar melloras no horario”. “Finalmente, estes días está a informar ás traballadoras de que non vai aplicar este acordo e que non quere negociar o resto de condicións de mellora do convenio colectivo”, denunciou Rubido.

Para o representante da CIG, esta situación “evidencia que desde o concello non se fixo algo ben, incrementouse a dotación pero iso non supuxo a día de hoxe ningún punto de mellora nas condicións laborais das traballadoras”, como o feito de que o novo horario para este curso é de 39 horas fronte ás 37,5 do resto de contratos de limpeza municipais. As traballadoras, apuntou o sindicalista, están “cansadas desta situación” e decidiron acudir de novo á folga con 10 xornadas que terán lugar entre o 14 e o 18 de setembro e entre o 21 e o 25 de setembro. “Se non somos capaces de chegar a acordo, atoparémonos cunha situación de conflito nos colexios de Compostela”, advertiu Paulo Rubido.

ÚLTIMAS

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

O PP propón axudas de ata 80 euros ao mes por fillo para financiar o transporte escolar nos centros concertados

O Partido Popular de Santiago incorporará ás súas propostas para as familias unha axuda...

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de...

Aitor Bouza reclama a Rueda medidas para evitar novos episodios de saturación nas Urxencias do CHUS

O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, reclamou ao...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...