InicioECONOMÍAVerea denuncia atrasos nos pagos do Concello e propón reducir o prazo...

Verea denuncia atrasos nos pagos do Concello e propón reducir o prazo medio en 30 días no primeiro ano

O líder do PP en Santiago critica a evolución dos pagamentos a provedores e cuestiona a xestión do goberno local, ao tempo que fixa obxectivos de mellora se accede á alcaldía

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, advertiu este luns sobre o que cualificou como unha tendencia negativa nos pagos a provedores por parte do Concello, unha situación que, segundo sinalou, ten “un impacto moi directo na vida económica da cidade”.

Durante a súa comparecencia, Verea asegurou que o goberno municipal non está a cumprir co período medio de pago, algo que, segundo indicou, se mantivo ao longo do actual mandato. “Cando un Concello paga tan tarde durante tanto tempo, o que está a facer na práctica é financiarse a costa dos demais”, afirmou, en referencia a autónomos e pequenas e medianas empresas que prestan servizos á administración local.

O dirixente popular insistiu en que non se trata de atrasos puntuais, senón dunha evolución sostida no tempo, e cualificou a situación como “mala praxis” ao comparala cos datos doutras cidades galegas. Neste sentido, sostivo que Santiago presenta peores rexistros de pagamento, o que, ao seu xuízo, evidencia dificultades na xestión.

Na súa intervención, Verea tamén puxo o foco na estrutura do goberno municipal encabezado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, criticando o número de asesores e altos cargos. Segundo indicou, “mentres se fala de reestruturación, increméntanse este tipo de contratacións”, o que vinculou coa situación económica descrita.

O portavoz do PP apelou á súa experiencia profesional como interventor para subliñar que cumprir cos prazos de pago é unha obriga legal e un indicador básico de boa xestión pública. Neste sentido, defendeu que os concellos que pagan a tempo “son os que están mellor organizados e teñen claras as súas prioridades”.

Como proposta, Verea avanzou que, no caso de asumir responsabilidades de goberno, marcaría como obxectivo reducir o período medio de pago en 30 días no primeiro ano e situalo por debaixo dos 20 días a partir do segundo. “Non estamos ante un debate ideolóxico, senón ante unha cuestión básica de xestión”, afirmou.

CRÍTICAS Á INFORMACIÓN SOBRE O MERCADO DE ALUGUEIROS

Na mesma comparecencia, Verea tamén respondeu a declaracións realizadas por un concelleiro do BNG sobre a evolución do mercado do alugueiro noutras cidades. O líder popular acusou ao representante nacionalista de ofrecer datos incorrectos en relación coa cidade da Coruña e asegurou que “non se pode mentir nun medio de comunicación”.

Segundo explicou, os datos dispoñibles indicarían unha redución significativa do mercado do alugueiro, con descensos que cifrou nunha media do 55% na provincia da Coruña en determinados períodos. A este respecto, indicou que este fenómeno podería ter consecuencias para o acceso á vivenda, especialmente entre a mocidade e as familias.

Finalmente, Verea sinalou que será a cidadanía quen valore as políticas aplicadas, mais insistiu na necesidade de basear o debate público en datos verificables e non en interpretacións erróneas.

ÚLTIMAS

Compostela lembra a ferida de Angrois e traslada a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores a solidariedade da capital galega...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

Rosa Crujeiras reclama medidas para garantir o acceso á vivenda do estudantado universitario

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, reclamou que se adopten...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here